Cotizacións durante as prácticas formativas e académicas nas titulacións universitarias e de formación profesional.
- Sanidade Pública
Quen pode reclamar?
Alumnos/as universitarios de títulos oficiais, master de formación permanente, diploma de especialización
ou diploma de experto.
Alumnos/as de formación profesional, excepto formación profesional intensiva.
Que prácticas se teñen en conta?
As prácticas non remuneradas realizadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2024.
As prácticas remuneradas realizadas con anterioridade ao 1 de novembro de 2011.
Como reclamar esas cotizacións?
As persoas terán que subscribir por unha única vez un convenio especial coa Tesourería Xeral da Seguridade Social.
O período máximo que se pode computar é de 1.825 días (5 anos).
- Acreditar a realización de prácticas formativas ou académicas que non foron cotizadas na Seguridade Social.
- Certificado expedido pola Universidade ou centro educativo no que se cursaron os estudios, onde conste se as prácticas foron remuneradas ou non.
- Remuneradas: constarán os períodos de realización das prácticas, indicando data de inicio e de fin de cada período.
- Non remuneradas: constarán data de inicio e fin dos períodos de prácticas, indicando nº de días de prácticas ou nº de horas de prácticas computables.
2. Solicitar a subscrición do convenio especial ata o 31 de decembro de 2028, a través do Rexistro electrónico da Seguridade Social.
Para que computan estas cotizacións?
- Para as prestacións de Xubilación e de Incapacidade permanente, morte e supervivencia.
Quen abona esas cotizacións?
A persoa que reclama:
- Mediante un pago único.
- Ou, pago fraccionado mensual ata un máximo de 84 mensualidades.
Para máis información diríxete aos locais de CIG-Saúde do teu distrito
Novas Relacionadas
Últimas novas