COVID-19: enfermidade profesional para tod@s, ou non?

Pretenden deixar fóra ao persoal non sanitario!

  • Coronavirus
  • Sanidade Pública
  • Saúde laboral

Segundo a información publicada nos últimos días, hoxe, o consello de Ministros do goberno “progresista” de PSOE e PODEMOS, van acordar o recoñecemento de  enfermidade profesional por COVID-19, so para o “persoal sanitario”, DEIXAN FORA AO PERSOAL NON SANITARIO!

De ser aprobada esta medida, e con esta limitación, estaríamos ante o descubrimento que fixeron o PSOE e PODEMOS, dunha nova cepa de virus que contaxia por categorías profesionais  e non por exposición ao risco.

A aplicación disto sería que un/ha celador/a con prestación na UCI durante toda a pandemia COVID, se resultase contaxiado, tería que reclamar por vía xudicial o recoñecemento da enfermidade profesional, con independencia das secuelas que o COVID puido causar na súa saúde.

Desde CIG-SAÚDE imos estar vixiantes da norma que se aprobe no día de hoxe. Se a norma se publica con esta discriminación, imos  iniciar de inmediato todas as medidas que teñamos ao noso alcance para que esta norma non se aplique de xeito discriminatorio.

Desde CIG-SAÚDE vimos exixindo desde o inicio da pandemia, o recoñecemento  de enfermidade profesional para todo o persoal que traballe na sanidade: sanitario e non sanitario.

Agardemos que o decreto que hoxe publiquen teña que ir a validación ao parlamento español; a través do BNG imos intentar que este decreto non teña os apoios necesarios.

Tamén imos contactar co resto de sindicatos nacionalistas para facer unha fronte común contra isto.

Se a fórmula que emprega o goberno é a de decreto exprés, que non necesita validación, buscaríamos as impugnacións xurídicas que procedan.

Entre todas e todos isto témolo que parar.

Volver