Creación categoría estatutaria de dietista-nutricionista do SERGAS

Publicado hoxe en DOG

Publicado hoxe en DOG DECRETO 221/2022, do 22 de decembro, polo que se crea a categoría estatutaria de dietista-nutricionista do Servizo Galego de Saúde.

Creación, da categoría estatutaria de dietista-nutricionista, dentro do colectivo de persoal estatutario sanitario de formación universitaria, de nivel diplomado ou graduado (subgrupo A2), ao tempo que se conteñen previsións sobre o seu réxime xurídico, réxime de acceso, funcións, cadro de persoal, retribucións e xornada.

Réxime xurídico

A relación de servizo do persoal da categoría creada neste decreto co Servizo Galego de Saúde rexerase pola Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, pola Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, pola normativa en materia de emprego público, nos termos previstos nela, polo presente decreto e pola restante normativa aplicable ao persoal estatutario do organismo.

Acceso

Para acceder á categoría de dietista-nutricionista, como persoal estatutario fixo ou temporal, será indispensable estar en posesión do título universitario oficial de diplomado/a ou graduado/a en Nutrición Humana e Dietética.

Volver