Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo
CIG-Saúde convoca unha concentración o 28 de abril ás 11horas diante da Consellería de Sanidade
- Sanidade Pública
- Saúde laboral
CONVOCATORIA DE MOBILIZACIÓN no Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo
A CIG-Saúde e a CIG-Compostela convocamos para o vindeiro luns, día 28 de abril, ás 11:00 horas, unha concentración que se iniciará diante do edificio da Consellaría de Sanidade e que continuará diante da consellaría de Traballo.
Con esta mobilización, que coincide co Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, a CIG-Saúde quere trasladar a súa repulsa e denuncia ante a falta de Seguridade nos postos de traballo e a vulneración dos dereitos de información, consulta e participación da representación legal das persoas traballadoras, que son os e as delegadas de Prevención de Riscos Laborais, diante dos Comités de Seguridade e Saúde das áreas Sanitarias.