DESPLOME DO FALSO TEITO DUNHA CONSULTA DO CENTRO DE SAÚDE DA GUARDA
A CIG SAÚDE RECLAMA A REVISIÓN TÉCNICA DA ESTRUTURA DO CENTRO E QUE SE ACOMETAN AS OBRAS NECESARIAS PARA A SEGURIDADE DE TRABALLADORAS E USUARIAS
- Primaria
- Vigo
No día de onte 17 de Novembro de 2020 produciuse o desplome dun falso teito na Sala COVID do Centro de Saúde da Guarda en torno ás 15:30h. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais, mais si danos materias que supuxeron que a reparación da mesma ate altas horas da madrugada.
A situación de deterioro do centro de saúde ten sido denunciada polas canles oficiais a Xerencia de Área Sanitaria de Vigo que asumiu o centro fai 2 anos. Anteriormente o edificio, inaugurado no ano 1993, era de titularidade do Concello e víñase facendo o mantemento do indispensábel. Malia as denuncias as obras acometidas polo Sergas desde entón non teñen abordado todas as necesidades detectadas polas traballadoras do centro, algunhas delas que supoñen, como foi neste caso, un risco grave para ao persoal e usuarias do centro.
As traballadoras do centro mostraron a súa preocupación porque unha situación semellante se poda producir con consecuencias graves, xa que momentos antes do derrubamento había traballadores facendo uso da devandita sala.
As traballadoras do centro mostraron a súa preocupación porque unha situación semellante se poda producir con consecuencias graves, xa que momentos antes do derrubamento había traballadores facendo uso da devandita sala.
Por todo o anterior a CIG Saúde ven de solicitar o estudio técnico da estrutura do edificio, así como que se acometan inmediatamente todas as obras necesarias para garantir a seguridade de persoal e usuarias do centro.