Días de libre disposición: procedemento de solicitude

Novas instrucións do SERGAS sobre o procedemento de solicitude de días de libre disposición

  • Permisos e licenzas
  • Sanidade Pública

O luns 20 de decembro do 2021 presentouse na mesa sectorial unha proposta de procedemento de solicitude de días de libre disposición. Logo das alegacións presentadas, estas instrucións foron aprobadas pola administración e remitidas o 2 de febreiro do 2022.

Regras xerais do procedemento de solicitude do permiso

  • solicitudes presentaranse con 15 días hábiles de antelación á data de desfrute solicitada.
  • Non se poderá solicitar o permiso cunha antelación maior de 30 días.
  • O prazo de resolución será de 5 días hábiles, contados desde o día seguinte á presentación da solicitude.
  • No suposto de que non se notifique a resolución da xerencia no dito prazo, entenderase concedido o permiso.

Consulta casos excepcionais (acumulación aos permisos por nacemento de fillo/a, adopción, garda con fins de
adopción ou acollemento; así como por necesidades de orde familiar ou outras urxentes ou sobrevidas, debidamente xustificadas).

CIG SAÚDE recomenda asegurar sempre proba documental da solicitude así como da denegación se fora o caso. Aqueles días non documentados non constan como oficialmente denegados.

Acreditación documental

Todas as solicitudes de permisos por asuntos particulares deben quedar debidamente rexistradas, con carácter xeral no expediente profesional electrónico (Fides/Expediente), ou ben a través da ferramenta telemática ou do procedemento establecido en cada centro.


Sen prexuízo do anterior, o/a solicitante poderá presentar as súas solicitudes ben no rexistro habilitado para o persoal da correspondente institución ou entidade sanitaria, en cuxo caso terá dereito a obter unha copia da solicitude co selo do centro e na que conste a data da súa presentación, ou ben entregándoas directamente á persoa responsable do seu servizo/unidade, sempre que quede constancia da súa recepción e a data desta.

Volver