ERRO nas puntuacións provisionais da fase de concurso da OPE de pinche e terapeuta ocupacional

Avisan hoxe do SERGAS

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

O mércores 11 de xaneiro publicáronse no Diario Oficial de Galicia as Resolucións relativas á publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso nas categoría de: calefactor/a, cociñeiro/a, conductor/a, costureiro/a, electricista, fontaneiro/a, lavandeiro/a, logopeda, mecánico/a, pasador/a de ferro, pinche, pinche (discapacidade intelectual), técnico en farmacia (discapacidade intelectual), técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, telefonista, terapeuta ocupacional e traballador/a social.

As convocatorias da categorías de pinche e de terapeuta ocupacional, foron obxecto de modificación para incrementar o número de prazas, se ben, a convocatoria establece que os méritos valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, incluído, ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, non á data da resolución da modificación.

Detectado un erro material de carácter técnico na configuración da data de valoración de méritos nas dúas categorías indicadas, vaise proceder a remitir ao Diario Oficial de Galicia, nova resolución da que derivará a publicación da baremación conforme ao establecido nas resolucións de convocatoria, reabrindo os prazos de reclamación.

Volver