Esiximos para os orzamentos de 2024
- Sanidade Pública
1.- A recuperación das subidas salariais pendentes, recollidas no Acordo Retributivo 2008 - 12 suspendido por Feijóo no ano 2009.
- Unha parte das melloras salariais do Acordo Retributivo 2008-12 xa foron incorporadas ao acordo de melloras retributivas e de redución de xornada do 20 de abril de 2023, pero hai outra parte que aínda están pendentes, especialmente as que contemplaban unha suba salarial que beneficiaba máis aos salarios máis baixos.
2.- A equiparación da contía do COMPLEMENTO ESPECÍFICO do persoal do SERGAS coa do persoal da Xunta de Galiza. E que recoñezan aos/as profesionais facultativas/os, con formación de Grao de 6 anos máis 4 ou 5 anos de formación da especialidade, o NIVEL 26.
- O persoal do SERGAS percibe, pola suma do Complemento Específico máis o Complemento de Produtividade Fixa, unha contía inferior en 200 euros/mes de media, á recollida na Orde de Confección de Nóminas para o Complemento Especifico do resto das/os empregadas/os públicos da Xunta de Galiza.
- A clasificación dos postos de traballo para o persoal da Administración Pública Galega recolle os niveis polo que se determinan as retribución do persoal, o intervalo de niveis para o Grupo A1 de Función Pública está entre o nivel 20 e o 30.
- Os/as profesionais do SERGAS con formación de Grao de 6 anos máis 4 ou 5 anos de formación da especialidade, o nivel actual que teñen asignado é o 24. Pasar ao Nivel 26 suporía un incremento do Complemento de Destino de 135 euros/mes.
3.- A recuperación dos 3 LDs que temos pendentes.
- Os acordos de redución de xornada para chegar á xornada equivalente ás 35 horas semanais son moi importantes, pero non fan que renunciemos a recuperar os 3 LDs que nos pertencen!
4.- A negociación dunha nova CLASIFICACIÓN PROFESIONAL adaptada ás funcións e ás titulacións actuais das/os profesionais da sanidade pública.
- Demandamos a negociación dunha clasificación propia, que recoñeza os requisitos de titulación, a formación sanitaria específica e a prestación do traballo que se realiza.
- A clasificación do EBEP non recolle a formación sanitaria especializada, e deixa ao persoal da sanidade pública nunha clasificación inferior á que lle corresponde por requisitos de titulación.
5.- A recuperación das retribucións íntegras das PAGAS EXTRAORDINARIAS.
6.- A XUBILACIÓN ANTICIPADA aos 60 anos, sen perda retributiva.
7.- A EXENCIÓN DE NOITES, para todo o persoal, a partires dos 55 anos e sen perda retributiva
8.- Uns CADROS DE PERSOAL DOS HOSPITAIS que melloren as ratios profesional/paciente.
- A análise dos CADROS DE PERSOAL DOS HOSPITAIS para dotalos das profesionais necesarias dun xeito estable, que mellore as ratios profesional/paciente, xa que é a maneira de que as profesionais traballen en condicións de seguridade e teñan un acceso digno ao emprego, e de que as pacientes reciban uns coidados de calidade e nuns tempos de resposta axeitados.
- As ratios do persoal de todas as categorías da Atención Hospitalaria ten que verse reflectido na consolidación de todas as prazas estruturais existentes e o incremento das prazas necesarias.
9.- A posta en marcha do PLAN DE ORDENACIÓN DE RECURSOS HUMANOS DE ATENCIÓN PRIMARIA.
- A posta en marcha das medidas previstas no PLAN DE ORDENACIÓN DE RECURSOS HUMANOS DE ATENCIÓN PRIMARIA sobre a análise e dimensión dos cadros de persoal necesarios para dar resposta á aplicación das Carteiras de Servizo de todas as categorías profesionais da Atención Primaria.
- As necesidades de persoal contempladas na avaliación de necesidades da implantación das carteiras de servizos de Atención Primaria así como do Plan de Ordenación de Recursos Humanos de Atención Primaria deben figurar no incremento do cadro de persoal dos orzamentos 2024.
10.- A desaparición da categoría de FACULTATIVA/O ESPECIALISTA DE ATENCIÓN PRIMARIA e a integración futura destes profesionais como Médicas/os de Familia.
- Defendemos un modelo de Atención Primaria cunha única categoría de Medicina de Familia e dous ámbitos de prestación, atención ordinaria e PACs.