Esiximos uns orzamentos para 2025 que respondan ás necesidades da Sanidade Pública
- Sanidade Pública
1. A recuperación das SUBIDAS SALARIAIS PENDENTES , recollidas no Acordo Retributivo 2008 - 12 suspendido por Feijóo no ano 2009.
- Unha parte das melloras salariais do Acordo Retributivo 2008 2008-12 xa foron incorporadas ao acordo de melloras retributivas e de redución de xornada do 20 de abril de 2023, pero hai outra parte que aínda están pendentes, especialmente as que contemplaban unha suba salarial que beneficiaba máis aos salarios máis baixos.
2. A equiparación da contía do COMPLEMENTO ESPECÍFICO do persoal do SERGAS coa do persoal da Xunta de Galiza. E a revisión en todas as categorías dos niveis do complemento de destino.
- O persoal do SERGAS percibe, pola suma do Complemento Específico máis o Complemento de Produtividade Fixa , unha contía inferior en 200 euros/mes de media á recollida na Orde de Confección de Nóminas para o Complemento Específico do resto das/os empregadas/os públicos da Xunta de Galiza.
- Os niveis recoñecidos ao persoal do SERGAS teñen que ser acordes ás exixencias de titulación e especialización dos postos de traballo.
3. A RECUPERACIÓN DOS 3 L DS que temos pendentes.
- Os acordos de redución de xornada para chegar á xornada equivalente ás 35 horas semanais son moi importantes, pero non fan que renunciemos a recuperar os 3 LDs que nos pertencen!
4. A negociación dunha NOVA CLASIFICACIÓN PROFESIONAL adaptada ás funcións e ás titulacións actuais das/os profesionais da sanidade pública.
- Demandamos a negociación dunha clasificación propia, que recoñeza os requisitos de titulación, a formación sanitaria específica e a prestación do traballo que se realiza.
- A clasificación do EBEP non recolle a formación sanitaria especializada, e deixa ao persoal da sanidade pública nunha clasificación inferior á que lle corresponde por requisitos de titulación.
5. A recuperación das retribucións íntegras das PAGAS EXTRAORDINARIAS .
6. A XUBILACIÓN ANTICIPADA aos 60 anos, sen perda retributiva.
7. A EXENCIÓN DE NOITES, para todo o persoal, a partires dos 55 anos e sen perda retributiva
8. Uns CADROS DE PERSOAL DOS HOSPITAIS que melloren as ratios profesional/ paciente.
- A análise dos CADROS DE PERSOAL DOS HOSPITAIS para dotalos das profesionais necesarias dun xeito estable, que mellore as ratios profesional/paciente, xa que é a maneira de que as profesionais traballen en condicións de seguridade e teñan un acceso digno ao emprego, e de que as pacientes reciban uns coidados de calidade e nuns tempos de resposta axeitados.
- As ratios do persoal de todas as categorías da Atención Hospitalaria ten que verse reflectido na consolidación de todas as prazas estruturais existentes e o incremento das prazas necesarias.
9. A posta en marcha do PLAN DE ORDENACIÓN DE RECURSOS HUMANOS DE ATENCIÓN PRIMARIA .
- A análise e dimensión dos cadros de persoal necesarios para dar resposta á aplicación das Carteiras de Servizo de todas as categorías profesionais da Atención Primaria.
- A incorporación de novas categorías e especialidades na atención primaria dotando do persoal necesario, e incorporando o incremento do cadro de persoal nos orzamentos 2025.
10. A desaparición da categoría de FACULTATIVA/O ESPECIALISTA DE ATENCIÓN PRIMARIA e a integración futura destes profesionais como Médicas/os de Familia.
- Defendemos un modelo de Atención Primaria cunha única categoría de Medicina de Familia e dous ámbitos de prestación, atención ordinaria e PACs.
Novas Relacionadas
Últimas novas