Estabilidade laboral no emprego público: unha oferta real do Ministerio de Administracións Públicas ou mais propaganda?
- Sanidade Pública
- Taxa de reposición
Para a CIG-SAÚDE a única proposta que cabe esperar do Goberno do Estado é:
A eliminación da taxa de reposición, para que cada servizo de saúde poida convocar procesos selectivos co 100% das prazas estruturais.
Unha negociación con mecanismos transparentes de identificación de prazas. Na que para identificar as prazas estruturais utilicemos o criterio do Estatuto Marco:
“Prazas nas que, para a súa cobertura, se realizaron máis de 2 nomeamentos por un período acumulado de 12 meses ou mais, nun período de 2 anos”.
Se isto non acontece, a temporalidade seguirá aumentando, e tamén medrará a fraude na contratación.
Ademais de eliminar a taxa de reposición, o Ministerio de Administracións Públicas, tamén ten que respectar os ámbitos de negociación que marca a lexislación:
Non queremos unha OPE imposta desde un despacho de Madrid, que non respecte o ámbito de negociación da mesa sectorial do SERGAS, allea á realidade da sanidade Galega, e que non solucione nada.
A eliminación da precariedade laboral tense que iniciar na contratación do persoal eventual.
Para isto, o ministerio debe incorporar na lexislación, tal e como recolle a xurispruden-cia europea, un réxime sancionador para aqueles cargos públicos ou administracións que abusen da contratación temporal. Para que non se incumpra a lei, e se a incumpren haxa unha sanción contundente para quen o permita.
Rematar coa alta taxa de temporalidade e eliminar a precariedade laboral na contrata-ción do persoal é posible, só se necesitan políticas activas que aposten por elo.
Desde a CIG-Saúde esiximos ao Goberno da Xunta de Galiza que, unha vez eliminada a taxa de reposición, negocie planos de emprego co 100% das prazas estruturais. Tense que comprometer a dotar con orzamento todas as prazas estruturais.
Desde CIG-SAÚDE imos defender o dereito a unha sanidade pública de calidade cun cadro de persoal que dea resposta ás necesidades de saúde da poboación de Galiza. E imos facelo en todos os ámbitos de negociación nos que participamos: ámbito estatal e galego.