Exames axustados ás funcións. Basta de esixencias desproporcionadas!
- Oposicións
- Sanidade Pública
CIG-Saúde esixe a anulación das preguntas que exceden as competencias profesionais ou incumpren as bases.
O acontecido no exame de técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico do 24 de outubro volve evidenciar un problema que CIG-Saúde xa denunciou na Mesa Sectorial: probas cunha dificultade desproporcionada e contidos que se afastan das funcións da categoría.
Imaxe para o diagnóstico: fóra das competencias. CIG-Saúde cuestiona preguntas sobre criterios clínicos diagnósticos e dosificacións propias do soporte vital avanzado que exceden as competencias atribuídas á categoría.
Fontaneiro/a: as bases deben respectarse. Incluíronse preguntas sobre normas UNE publicadas apenas un mes antes da proba, malia os límites temporais que as bases establecen para os contidos esixibles.
TCAE: preguntas fóra do temario. CIG-Saúde denuncia a inclusión de preguntas sobre contidos que non figuran no temario da convocatoria. Esixir coñecementos alleos ao programa incumpre as garantías do proceso selectivo.
Tamén afecta ás listas de contratación
Os resultados dos exames inciden na baremación das listas. Estes cuestionarios poden prexudicar tanto o acceso a unha praza fixa como as oportunidades de emprego temporal.
O SERGAS debe asumir a súa responsabilidade
1. Anular as preguntas que excedan as competencias, queden fóra do temario ou incumpran os límites temporais das bases.
2. Garantir exames proporcionados á titulación, ao temario e ás funcións de cada categoría.