Exiximos a xubilación anticipada para o persoal estatutario
- Sanidade Pública
O Ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, comprometeuse cos sindicatos CCOO e UGT a implantar a xubilación anticipada so para o persoal laboral do sector público a partir do 1 de abril.
CIG-Saúde denuncia que o Ministerio de Sanidade e o de Transformación Dixital e da Función Pública, cos acordos de CCOO e UGT negociados por fóra dos ámbitos legais de negociación, están a excluír ao persoal estatutario polo que seguirá sen poder acceder a xubilación anticipada, parcial ou por coeficientes redutores relacionados coa especial penosidade do noso traballo.
CIG-Saúde demanda que a regulación básica da xubilación do persoal estatutario sexa recollida no novo Estatuto Marco.
E ademais exixe que, sen máis demoras, o persoal estatutario se inclúa no Decreto que entrará en vigor o 1 de abril sobre a xubilación anticipada.
Novas Relacionadas
Últimas novas