Facultativo/a especialista de atención primaria: segundo acto elección de destino

Publicación 19 de decembro en DOG

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

O SERGAS informa que está previsto que o día 19 de decembro de 2022 se publique no Diario Oficial de Galicia a resolución que aproba a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria e se convoca para o segundo acto de elección de destino das prazas que resultaron vacantes logo do primeiro proceso de adxudicación.

A elección de destino realizarase a través de Fides/expedient-e e as persoas aspirantes disporán dun prazo de 10 días hábiles para realizar a súa selección.

 

Volver