Faltan mans

Concentración raios urxencias

A Comisión de centro do CHUAC convoca nova concentración o día 2 de decembro de 2022 ás 8:15 horas diante da porta de raios do HUAC.

Tras varias xornadas de mobilizacións a Xerencia presenta un plan completamente insuficiente, onde o único incremento de persoal é unha/un celadora/or na quenda de noite. Na categoría de técnico/a suprime unha presenza de mañá e tarde para o nomeamento de coordinadores; é dicir en lugar de aumentar persoal, diminúen.

Logo de someter a debate nunha asemblea de traballadoras/es do servizo, decídese continuar co calendario de mobilizacións programado xa que o avance nas negociacións é practicamente nulo.

A Xerencia é consciente de que o plan presentado está moi lonxe das peticións do servizo e ademais sabe que con este os problemas de colapso continuo perpetúanse.

Por todo isto a Comisión denuncia que ate a Xerencia presente un plan real de incremento de persoal adaptado as necesidades do servizo e que se remate dunha vez por todas cos colapso na sala de espera deste servizo continuaran as mobilizacións. Os/as pacientes non poden estar horas esperando a realizar e volver ao servizo de urxencias para a realización dunha proba diagnóstica.

É necesario mais persoal!! É imprescindible dar unha atención pública e de calidade!!

Volver