Faltan profesionais: raios de urxencias

  • A Coruña

A Comisión de centro do CHUAC convocou nova concentración o día 23 de decembro de 2022 ás 8:15 horas diante da porta de raios do HUAC.

Dado que a Xerencia continúa coa sua incoherente proposta que non soluciona as longas esperas dos doentes no servizo de Raios, en asamblea de traballadoras/es decídese continuar co calendario de mobilizacións sen descartar outras acción posibles.

O plan da Xerencia non foi consensuado nin cas/os profesinais do servizo como esta asegura en escrito recibido, nin tampouco aprobado coa comisión de centro de especializada.

A todas luces é insuficiente a dotación de recursos deste plan, que xunto coa implantación de postos de coordinadoras/es sen convocatoria oficial e sen recursos humanos provoca malestar entre as/os traballadoras/es que na contra do aumento de persoal solicitado ve incrementada a carga de traballo, ocasionando retrasos na atención ó doente.

Despois de varias semanas da aplicación desta proposta e dado a situación de colapso á que se ven sometidos as/os profesionais e os usuarios sen observar melloras ó respecto, preséntaselle á Xerencia un plan alternativo que se adecua ás necesidades reais que ten o servizo.

A Xerencia fai oídos xordos ás aportacións dos traballadores do servizo e continúa na sua liña de aforro e desidia total ante a situación que soportan doentes e profesionais.

Volver