FEIJÓO VÓLVENOS A USAR PARA A SÚA CAMPAÑA ELECTORAL
Un voto un totem
- Ferrol
O Sr. Feijóo acaba de destinar unha partida orzamentaria, para a instalación de totem con xel hidroalcohólico para as persoas que acudan aos centros de saúde e hospitalarios, pero denega a presenza deses totems ao persoal do SERGAS que traballa neses centros de saúde. A proba está que non se instalan nas portas de entrada do persoal nin nos sótanos onde a maioría temos vestiarios.
Para o persoal do SERGAS
Para os usuarios e usuarias
Tras as famosas probas para detectar COVID-19, pasamos ao despropósito dunha xestión que esquece de cheo ao persoal do SERGAS. A campaña electoral do Sr. Feijóo bota fume, pero pide hixiene de mans!!. Un xesto tan sinxelo como é o lavado de mans con xel hidroalcohólico prevén de contaxios, e parece que agora unicamente destínase á poboación en xeral, pero non para os/as profesionais do SERGAS que coidan a esa poboación.
Pensamos que o Sr. Feijóo pide á poboación que se lave as mans igual que él. Cremos que o Sr. Feijóo quere que a poboación coide as súas mans para poder levar a papeleta o día 12 de xullo. Corroboramos que mentres o persoal do SERGAS coida á xente, Feijó coida aos seus votantes.
Ante todo isto, desde CIG-Saúde preguntámonos:
Cantos litros de xel hidroalcohólico afórrase Fejióo ao non poñer totems para os/as profesionais?, a que se vai a destinar ese diñeiro?
Nós temos a resposta:
Ese diñeiro seguro que o usa nas súas papeletas, polo que novamente o persoal do SERGAS está a facerlle a campaña ao PP de Galicia.