Folga do 24/04/2018

  • Monforte

Queremos darvos as grazas a todos os que onte participastes na folga ou que decidistes reivindicar os nosos puntos da folga, puntos reivindicativos por todos os traballadores do Hospital.

A Administración minimizou o índice de participación dos traballadores pero os datos cantan por si mesmos. Por moito que o SERGAS fixese uns mínimos abusivos os traballadores participaron masivamente na protesta.

CCOO, UGT, SAGAP e CIG seguimos a folga e seguimos demandando os 12 puntos da folga. Os motivos nos que se fundamenta son:

  • Aprobación no Parlamento da nova lei de saúde.
  • Supresión dunha praza de telefonista neste hospital.
  • A petición de cese da Subdirectora de Enfermería pola nula negociación desta dirección ante calquera tipo de problema xurdido neste hospital.
  • A non ampliación da plantilla de persoal neste hospital xa que leva mais de dez anos sendo deficitaria.
  • Polo peche de plantas que se produce no verán.
  • Polas probas e tratamentos derivados á privada.
  • Polas longas listas de espera.
  • Pola modificación das carteleiras levadas a cabo por esta dirección sen contar co persoal.
  • Polos movementos de persoal a outros servizos debido a non cobertura con persoal das listas de contratación.
  • Pola falta de cobertura de persoal no centro.
  • Pola presión asistencial que está a sufrir o persoal sanitario.
  • Polos problemas provocados pola dirección do centro a hora de conceder permisos.

Volver