Folga na sanidade privada da Coruña

Día 24 de xaneiro. Por un convenio digno!

  • Convenios
  • Sanidade Privada

Negociación do Convenio Colectivo da sanidade privada de A Coruña

CIG-Saúde aposta seguir pola folga convocada paraos días 24 de xaneiro e 7 febreiro ata que exista unha negociación real do convenio

¿Que entedemos por unha negociación real?

- Que esten dispostos a negociar, cando menos:

  • pago de domingos
  • reducción da xornada anual
  • actualiación das táboas salarias de acordo a realidade davida

- Condición indispensable é retirada inmediata do recorte nostrienios e do cobro do 100% no caso de IT.

A patronal convocou á mesa de negociación para o día 2 de febreiro e por iso se deciden aprazar as protestas que estaban previstas tanto na Consellería de Sanidade como na Confederación de Empresarios, xa que eran a resposta á suspensión da mesa negociadora por parte da patronal.

Porque manter as xornadas de folga?

Porque a día de hoxe só temos unha data de reunión coa patronal, non temos ningún compromiso de que veñan a negociar, non se nos facilitou ningunha documentación nin houbo ningún cambio no proposto nas reunións pasadas.

Que a Patronal se sente a de novo a negociar é en resposta ao éxito das pasadas xornadas de folga e manifestacións, e por iso é tan importante, a folga do día 24, temos que demostrar que só imos aceptar unha
negociación REAL do noso convenio.

En que consiste a folga do día 24?

Nun “paro” dende as 10:00h ás 12:00h Isto é unha folga parcial na temos dereito a parar a nosa actividade no horario marcado, igual que nas anteriores folgas totais. Só teñen obriga de estar no seu posto de traballo as persoas ás que se lle comunicaran os servizos mínimos.

O éxito destas xornadas vai marcar o futuro do noso convenio

Volver