Fundacións de investigación sanitaria: por fin públicas!!
O Proxecto de Lei de acompañamento de medidas dos orzamentos 2023 recolle a súa conversión en Fundacións Públicas
- Institutos investigación
- Sanidade Pública
Segundo a información recibida, o proxecto de Lei de acompañamento de medidas dos orzamentos 2023, recolle o seguinte:
Artigo 43. ....“A administración autonómica adoptará os actos necesarios para que as fundacións de investigación biomédica ou sanitaria que actualmente xestionan os centros e institutos de investigación sanitaria do ámbito do Sistema público de Saúde de Galiza adquiran o carácter de fundación do sector público autonómico ...”.
Para a CIG-Saúde esta actuación do goberno galego, é, simplemente, o cumprimento da Lei 16/2010 cun retraso de 12 anos. Tal e como recolle o artigo 113 da propia lei.
Reiterados informes do Consello de Contas de Galiza instaban ao goberno ao recoñecemento destes institutos no sector público autonómico, argumentos:
- Son entidades de iniciativa pública, creadas no seo dos centros sanitarios aos que se vinculan...
- Os seus padroados están integrados maioritariamente por persoal da organización pública...
Na mesma liña CIG-Saúde gañou unha setenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que recoñece que os servizos prestados nos institutos de investigación son servizos prestados no sector público.
Para a CIG-Saúde agora toca seguir avanzando en dereitos laborais do persoal. E aínda que a Lei regula que poden ter persoal laboral, estatutario ou Funcionario; as condicións laborais deben ser homoxéneas.
Con independencia do réxime xurídico da/o traballadora/or, este persoal pertence
ao sector público autonómico, e as súas condicións laborais deberán ser iguais ao resto das/os empregadas/os públicos.
A igualdade das condicións laborais é o que defendemos é impulsamos desde a CIG-Saúde na negociación do convenio, e non imos cesar até conseguilo!!
Novas Relacionadas
Últimas novas