Fundacións públicas, persoal público!!
- Institutos investigación
- Sanidade Pública
A lei de Medidas Fiscais e Administrativas para o 2023, coñecida como lei de acompañada dos orzamentos, recolle no seu artigo 43 que:
“ As fundacións de investigación biomédica ou sanitaria que actualmente xestionan os centros e institutos de investigación sanitaria adquirirán o carácter de fundación pública do sector autonómico aos efectos do establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración Xeral do sector Público de Galiza”
Aínda que o texto da lei no recolla ningunha referencia ao persoal que traballa nestes centros, a modificación estatutaria destas fundacións, ten que implicar un cambio nas condicións laborais e retributivas do persoal que nela traballa.
Todo o persoal deste sector pasa a ser persoal do Sector Público Autonómico.
E unha vez publicada a Lei, que toca facer?
- Toca negociar as condicións laborais e retributivas do persoal.
Para isto que normativa é de aplicación?
- A Lei 8/2008, do 10 de xullo de Saúde de Galiza. Artigos 108: Empregado Público de Saúde.
- E como normativa suplementaria o Decreto 129/2019, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable ao persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico.
A Xunta de Galiza xa adaptou os estatutos de oito (8) fundacións públicas á Lei 16, 2010, do 17 de decembro. E, en aplicación do decreto 129/2019, do 31 de maio, integraron ao seu persoal como Persoal Laboral da Xunta de Galiza, agora están en proceso de funcionarización.
Este mesmo percorrido temos que facelo coas Fundacións de Investigación. E para isto a CIG-SAÚDE xa enviou un escrito ao Conselleiro de Sanidade, solicitándolle unha reunión para iniciar esta negociación.
A CIG-Saúde está a disposición de todo o persoal para informarlle deste proceso.
Participa nas asembleas, infórmate. Entre todxs estamos a construír un novo futuro laboral!!
Novas Relacionadas
Últimas novas