Hai enfermeiras/os no SERGAS? Depende

  • AgEnfermeira
  • Sanidade Pública

As/os enfermeiras/os que traballan no SERGAS están vendo como continuamente baixo o lema “non hai enfermeiras” se lle denegan permisos, Lds; limítaselles o dereito á conciliación e asumen mais carga de traballo debido a non contratación de ausencias.

Ante isto que propón o SERGAS? Unha medida retributiva e imposta.

Para CIG-Saúde é urxente falar da situación da profesión enfermeira, hai que falar de: ratios nos diferentes centros, unidades e ámbitos; da contratación que se está realizando; das condicións laborais, réxime de xornada, permisos...; da proporción resultante entre o número de xubilacións e o persoal de nova incorporación.

Todo isto foi solicitado en escritos previos, e mesmo en xuño de 2022, e o SERGAS comprometeuse á creación dun grupo de traballo para abordar a materia, mais nunca foi convocado.

A CIG-Saúde preocúpanos moito que o SERGAS fomente o pago de xornada complementaria sen negociar uns criterios para a súa aplicación de forma transparente e obxectiva por parte da xerencia, pero sobre todo, por non garantir que todo o persoal temporal teña contrato de traballo cando se pague esta xornada complementaria.

O SERGAS non pode permitir que haxa enfermeiras/os sen contrato no paro e enfermeiras/as facendo xornada complementaria.

Para CIG-Saúde a solución pasa por definir cadros de persoal, contratación estable e recuperar os acordos retributivos. Se isto se fixera con tódalas categorías, igual non teríamos que vernos continuamente coa “aparición” de novas categorías deficitarias!!

Urxe abordar a situación da profesión e urxe aínda mais encamiñar solucións!!

Volver