HISTORIA DE UNHA COCIÑA

  • Ourense

A cousa empezou mal dende o primeiro momento, incluso antes. E dicimos antes, porque segundo as malas línguas, que as hai, os encargados do deseño e elaboración do novo edificio de Hospitalización do CHUO, “esqueceron” que ese novo edificio tiña que albergar as instalacións da nova cociña. Esa nova cociña que todos anhelábamos dende fai anos. Sobre todo os traballadores e traballadoras do servizo, fartos de loitar con roedores, material obsoleto e con contínuas averías, fartos de ter que dar o 110% cada día para que as persoas ingresadas tiveran as suas dietas á súa hora. Eses que non saen nas noticias, nin recibiron os aplausos diarios durante o confinamento, eses que, dende xa fai moito tempo son tamén, auténticos héroes.

Pois ben, despois de anos de espera, O SERGAS realizou unha inversión na nova cociña de unhos 6 millóns de euros, dotada con máis e mellores medios técnicos, pero eso sí, con menos persoal. Esta reducción de persoal foi denunciada por CIG-SAÚDE e polo persoal do servizo en infinidade de ocasións e, ainda hoxe seguimos a denuncialo. E seguimos a facelo porque creemos firmemente que o tempo e as circunstancias nos darán a razón. Porque a día de hoxe, despois da crise sanitaria, o Hospital está a un 60% do aforo de ocupación, pero o problema é que a cociña xa está nestes momentos, traballando ao 100% da sua capacidade. Que vai pasar cando o hospital recupere o 100% da sua ocupación? Pois moito nos tememos que ocurrirá o que vimos advertindo dende fai meses. Que a reducción de persoal que esta Xerencia quixo impor, por motivos de aforro, vai camiño de convertirse nun lastre para un servizo novo e fundamental no funcionamento do Complexo Hospitalario.

A todo esto temos que engadir outra serie de problemas que creíamos que quedarían atrás coa inauguración das novas instalacións, pero que lamentablemente seguen a convivir no día a día co persoal: Un mantemento do equipamento que deixa bastante que desexar, unha sala de descanso de pequenas dimensións que ademais teñen que compartir con outros colectivos, os malos modos empregados por algún mando intermedio, … e sobre todo, a ineficacia das diferentes direccións do centro para atallar e resolver todos esos problemas.

Esperemos que os responsables tomen nota de todo esto antes de que revente todo...

Volver