III Xornada de prevención de agresións aos profesionais da sanidade
Celebrada no Ministerio de Sanidade o 12 de marzo
- Sanidade Pública
CIG-Saúde está presente nas III “ Jornada de Prevención de agresiones a los profesionales de la Sanidad” celebrada en Madrid no Ministerio de Sanidade o mércores 12 de marzo.
Durante a intervención, entre outras cuestións, CIG fixo fincapé na necesidade dun cambio cultural e de modelo no referente as notificacións das agresións. Hai que evitar o interiorismo das agresións no persoal sanitario e loitar contra as infranotificacións e infracalificacións das avaliacións das agresións e iso require tamén un sistema áxil de notificación e sin sesgos.
Pero falamos dun "sistema áxil" no que calqueira persoa traballadora poida elevar unha notificación de agresión sen ter que “pedir permiso”. E tamén insistimos na necesidade de Formación Específica: contínua, dinámica e revisable cun predominio da parte práctica e dirixida a persoal das unidades, persoal de mando (intermedios, xefaturas, dirección).