Incorporacións OPE e concurso de traslados

Publicarase no DOG de 12 de decembro de 2022

  • Concurso de traslados
  • Oposicións
  • Sanidade Pública

O SERGAS informa que está previsto que o día 12 de decembro de 2022 se publique  no Diario Oficial de Galicia a resolución de nomeamento do concurso-oposición para o ingreso nas categorías de:

  • facultativo/a especialista de área,
  • médico/a de admisión e documentación clínica,
  • médico/a de urxencias,
  • médico/a asistencial do 061,
  • técnico/a en farmacia,
  • técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía,
  • técnico/a superior en hixiene bucodental,
  • técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico,
  • técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico e
  • técnico/a superior en radioterapia.

Para as categorías do concurso de traslados aberto e permanente 2022 que teñen demorado o prazo de incorporación, os prazos posesorios comezarán a contar a partir do 12 de decembro de 2022.

Volver