Indignación entre o persoal da sanidade compostelá por recortar o goce de vacacións

A Xerencia de Santiago-Barbanza prohibiu coller libre a última quincena de decembro

  • Santiago

Dende a Xunta de Persoal, como representantes legais d@s traballadores/as queremos deixar clara o noso rexeitamento as instrución das vacacións para o persoal da Área Sanitaria de Santiago-Barbanza.

A Xerencia da área sanitaria de Santiago-Barbanza leva uns anos intentado que os seus profesionais non poidan coller vacacións no mes de decembro, máis ata o de agora puidéronse coller.

Pois ben, agora a Xerencia prohibe coller vacacións a ultima quincena de decembro. E nas quendas de vacacións só 1 de cada 4 profesionais pode coller vacacións. Non se pode concibir, non permitir coller vacacións en decembro cando esta suspendida actividade lectiva e moitos profesionais están obrigados a exercer a súa condición de nais e pais, ben sexan familia monoparental ou familia nuclear que os dous membros traballen ou outras situacións. Nas quendas de vacacións garantir a saida de profesionais da unidade sempre que quede a 1/2 de persoal con experiencia ou de plantilla.

Por outra banda, uns profesionais obrigados a realizan un esforzo ante a pandemia do COVID-19, uns profesionais que loitaron e arriscaron a súa saúde ante o coronavirus, profesionais que antepuxeron a atención aos doentes ante a súa vida familiar, profesionais que traballaron e colaboraron para darlle a cidadanía unha asistencia sanitaria digna. nunhas condicións de precariedade.

A Xerencia queda en evidencia ao recortarlle un dereito básico dos profesionais como é o goce das vacacións dentro do ano natural, cando é obrigación da Xerencia garantir o seu gozo intentando elaborar unhas quendas ordenadas e equitativas e que garantan a participación do persoal.Con esta medida, a Xerencia en lugar de agradacer o esforzo do persoal cunhas medidas conciliadoras na organización das vacacions, penalizao.

Profesionais que merecen todos e todas un respecto, e que ningún deles tería problema de aprazar as vacacións por causa de forza maior.

 

Xosé Manuel Marcote Baña

Presidente da Xunta de Persoal Xerencia de Santiago

Volver