Información Comisión Central de Seguimento do Pacto

Reunión do mércores 21 de xullo de 2021

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

  • Proposta de incorporación da categoría de logopeda na área sanitaria de Ourense- Barco- Verín.

CIG-SAÚDE: manifestamos os nosos parabéns con que se incorporara esta categoría. Recriminamos o comportamento do SERGAS nesta área, que tiña  privatizado este servizo. Nalgunhas patoloxías  as persoas desta área tíñanse que trasladar a área de Vigo para recibir a asistencia.

 

  • Rogos e preguntas.

CIG-SAÚDE:

Escritos de traballadorxs que chegan á comisión periférica. Solicitamos que desde a comisión central se lle transmita xs directores de RRHH que, están obrigados a mostra a documentación que o persoal envía á comisión periférica, non basta con ler os escritos. As organizacións sindicais sabemos ler. Estamos obrigadxs a garda sixilo e así o facemos.

Condutor de ADOS. A dirección deste centro suspendeu a contratación dun traballador, da área sanitaria de Lugo, por un incidente de traballo co autobús. Para a CIG-SAÚDE este motivo non é causa de suspensión da relación laboral. Con isto sentamos un grave precedente.

Esiximos que se lle lembre as estas institucións que, o seu persoal é persoal estatutario, non son unha entidade de dereito privado no relacionado co persoal.

Listados de curta duración enfermeiras especialistas en familiar e comunitaria. Reiteramos a nosa petición, que tamén foi secundada por outras organizacións sindicais, para que os contratos de curta duración sexan ofertados pola lista de enfermeirxs especialistas en familiar e comunitaria..

Pregunta de aclaración. Solicitamos que conste en acta a nosa pregunta de aclaración, e demandamos un mesmo criterio de chamamento en todas as áreas, no referente a: Os vínculos nominais de substitución  para as coberturas dunha excedencia  por coidado de fillx, que non teñen data de finalización, como se ofertan: pola lista de longa duración?.

Modificación do LICOT.  Desde CIG-SAÚDE entendemos que a partires da entrada en vigor da nova Orde de vínculos, o LICOT só de be recoller unha única causa nos cómputos de vínculos de acumulación de tarefas. Na actualidade hai 3 cómputos dos vínculos de acumulo de tarefas: reforzo, vacacións e COVID.

Volver