Información da Comisión central de contratacións

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

  1. Información xeral do pacto.

Listas provisionais de admitidos/excluídos e provisionais de baremación de FEAs: principios de febreiro. Habilitarase o FIDES durante os 10 días do prazo de reclamacións para que poidan modificar os distritos preferentes.

Listas provisionais de TCAE: en febreiro está prevista a publicación das listas provisionais. Habilitarase no FIDES durante os 10 días do prazo de reclamacións a posibilidade de que se poidan inscribir na área especial de UCI.

 

  1. Procedemento de selección de FEAS: Melloras de aplicación.

Nos entregan outra proposta na que engaden a nosa alegación sobre o contrato de gardas, de tal maneira que calquera contrato se considera mellora con respecto a un contrato de gardas, e onde a aceptación dun contrato de curta duración é voluntaria.

Insistimos na alegación de CIG-SAÚDE en que no caso de estar vinculado nun distrito non preferente, que se poida renunciar a un vínculo de longa duración nun distrito preferente quedando como indispoñible nese distrito, pero, seguindo como dispoñible nos demais distritos preferentes. Para CIG é moito mais garantista para o profesional.

A Administración non quixo incluír mais excepcións. Publicarase o acordo no DOG e no mes de febreiro coas listas provisionais, o persoal aspirante poderá modificar os distritos preferentes.

Acta de acordo.

 

  1. Listas de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria.

Dende a Administración están a traballar nunha proposta sobre este tema en dous aspectos:

  • Flexibilizar a xestión dos chamamentos ben a través da posibilidade de poder renunciar a vínculos de atención hospitalaria, ou a través dunha suspensión de chamamentos parcial en atención hospitalaria.
  • Valorar que tipo de nomeamentos se cubrirían coa especialidade.

Farán unha rolda coas OOSS por separado a partir do 15 de xaneiro para coñecer as valoracións e propostas de cada organización, coa finalidade de posteriormente levar unha proposta á mesa para a súa aprobación.

CIG esiximos unha solución a este tema no mes de xaneiro do 2020.

Compostela, a 20 de decembro de 2019.

Volver