Información da comisión central de contratacións

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

  • Previsións de publicación das listas do 1º trimestre de 2022.

BLOQUE PUBLICACIÓN

CATEGORÍAS

LISTAS PROVISIONAIS

LISTAS DEFINITIVAS

1

Enfermeiro/a

15/12/2021

27/01/2022

Enfermeiro/a do 061

TCAE

2

Facultativos/as especialistas

31/01/2022

1ª quincena marzo

Médico/a de admisión e documentación clínica

Médico/a de HADO

3

Enfermeira/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria

1ª quincena febreiro

2ª quincena marzo

Enfermeira/a especialista en enfermaría pediátrica

Enfermeira/o especialista en enfermaría do traballo

Matrón/a

Enfermeira/o especialista en saúde mental

Médico/a de familia

Médico/a de urxencias hospitalarias

Médico/a asistencial do 061

Médico/a coordinador do 061

Pediatra de atención primaria

4

Celador/a

2ª quincena febreiro

2ª quincena abril

Celador/a QDI

Cociñeiro/a

Auxiliar administrativo/a

PSX

Pinche

Técnico/a en farmacia

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía

Técnico/a superior en dietética

Técnico/a superior en documentación sanitaria

Técnico/a superior en hixiene bucodental

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico

Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico

Técnico/a superior en radioterapia

 

  • Chamamento das persoas aspirantes da categoría de Facultativo/a especialista de atención primaria.

O SERGAS informa de que van elaborar listas de selección temporal da nova categoría de Facultativo/a especialista en atención primaria, que serán compatibles coas listas de médico/a de familia e licenciado/a sanitario/a.

Durante o tempo que se tarde en elaborarse faranse as coberturas para esta categoría a través das listas de médico/a de familia, sendo os contratos de aceptación voluntaria.

Na próxima Mesa sectorial vaise tratar o tema do concurso de méritos para o acceso como persoal fixo a esta nova categoría. Unha vez que se aprobe o baremo deste concurso, abrirán o prazo de inscrición para as listas de selección temporal, e ese será o baremo que se aplique.

CIG-Saúde estivemos en contra da creación destas listas de selección temporal para esta nova categoría. Se é unha categoría cunha vixencia provisional, pedimos que se contrate a través da lista de médico/a de familia con aceptación voluntaria.

CIG-Saúde preguntamos se as novas vacantes vanse cubrir pola lista de médico/a de familia ou pola nova categoría. Non contestaron, derivan directamente a que se pregunte na mesa sectorial. Denunciamos que isto vai provocar que a través da lista de médico/a de familia só se cubran os contratos eventuais, facendo que co tempo se volva residual esta categoría.

Aprobouse co voto en contra de CIG-Saúde.

 

  • Rogos e preguntas.

CIG-Saúde solicitamos que as persoas incluídas na quenda Libre nunha categoría, que é persoal fixo noutra categoría, que mentres non se inclúa nas listas de Promoción interna, que poida renunciar sen penalización aos contratos inferiores a 2 meses.

CIG-Saúde denunciamos o que está acontecendo na área de Lugo onde están penalizando por recibir 10 chamadas nun mesmo día, sen ter nin sequera en consideración que a persoa estea na súa quenda de traballo.

CIG-Saúde denunciamos o que está acontecendo coas aspirantes embarazadas en Santiago, posto que non lles están ofrecendo os contratos que lles corresponden. Solicitamos que se envíe un recordatorio ás xerencias de que teñen que ofertarlles todos os contratos que lles correspondan, e despois adaptarlles o posto.

Volver