![](files/imaxes/adaptadas/CIG selección temporal-7c9fd10d-s780.jpg)
Información da comisión central de contratacións
Reunión do 9 de abril de 2021
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
- Puntuación adicional outras categorías: médico/a asistencial e enfermeiro/a 061.
No plan de continxencias COVID do 2020, está incluída unha puntuación adicional pola dispoñibilidade nas listas durante o COVID para varias categorías.
A proposta da xerencia do 061, a Administración propón incluír estas categorías dentro das destinatarias desta puntuación adicional.
Apróbase co voto favorable de CCOO, CSIF e CESM-OMEGA.
CIG-SAÚDE deixamos claro que non estamos de acordo con esta puntuación adicional e que polo tanto non aceptamos que se inclúa a mais categorías.
- Apertura de listas de médico/a de HADO.
Unha vez publicado o Decreto de creación da categoría de médico/a de HADO, apróbase a creación de listas de selección temporal de médico/a de HADO.
- Abrirase un prazo de inscrición ata o 30 de xuño de 2021.
- Incluirase dentro do pacto de selección temporal de FEAS.
- As listas serán de ámbito autonómico con posibilidade de marcar distritos preferentes.
- O baremo a aplicar será o da OPE de FEAs.
- Non incluirá nota de OPE, só a nota do galego. Non se valorará a nota de OPE de outras categorías.
Queda pendente de publicación no DOG a inclusión desta categoría dentro do pacto de selección temporal e a apertura do prazo de inscrición.
- Proposta de acordo dun réxime transitorio para a aplicación das listas de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria.
A Administración presentounos durante a celebración da comisión unha proposta de transición para as listas de selección temporal de FEAs:
- Compromiso de publicación das listas definitivas en setembro de 2021.
- Actualización das listas de FEAS a continuación, coas persoas inscritas a 30 de xuño de 2021. Intención de que se publiquen as provisionais en marzo de 2022 e as definitivas en maio, e actualizar as listas novamente a 30 de xuño de 2022.
- Garantía de continuidade ás persoas con servizos prestados continuados durante mais de 2 anos, ata a resolución da OPE da súa correspondente categoría/especialidade.
A Directora de RRHH comprometeuse a estudiar a estabilización das prazas que durante anos se están a cubrir con contratos eventuais.
CIG-Saúde congratulámonos de que se publiquen as listas definitivas e que estas categorías entren no proceso de listas tal e como estaba pactado; e tamén por presentarnos unha proposta de transición que desbloquee a situación, e que permita que se normalice a contratación destas categorías.
Esta proposta será valorada na próxima Mesa sectorial de sanidade.
- Rogos e preguntas.
CIG-Saúde preguntamos se o contrato de continuidade de emerxencia sanitaria de un ano, tiña a consideración de longa duración. A Administración informa que é un contrato de longa duración e que efectivamente só ten a mellora da interinidade.
CIG-Saúde denunciamos que non se trouxera á comisión central a valoración da preferencia das listas de enfermeira/o especialista en enfermaría familiar e comunitaria e enfermaría pediátrica nas contratacións dentro do ámbito destas especialidades. A Administración contestou que é un tema que se abordará na negociación do novo pacto.
CIG-Saúde solicitamos que ás mulleres embarazadas ou en situación de maternidade se lles ofrezan todos os contratos que lles correspondan, tanto os de longa coma os de curta duración.
Novas Relacionadas
Últimas novas