
Información da comisión central de contratacións
- Sanidade Pública
- Selección Temporal

Prórroga dos contratos de acumulación de tarefas no caso de concorrencia cunha incapacidade temporal.
En aplicación dunha sentenza, acórdase que no caso de prórroga dos contratos de acumulación de tarefas, a persoa aspirante poderá asinar esa prórroga aínda que estea en incapacidade temporal.
Información sobre a previsión das próximas actualizacións de listas.
Informan que nas próximas publicación de actualización de listas de contratacións, xa se contabilizarán os días de vacacións cotizadas e non desfrutadas.
Información proba teórica para a contratación de persoal técnico e de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.
Informan de que van realizar unha proba teórica centralizada en Santiago para a contratación de interinidades destas categorías. Serían 14 interinidades para A1 e 6 para A2.
A proba será na mesma data en horas distintas, en Santiago. O temario será o último da OPE destas categorías. Serán un total de 50 preguntas con 6 de reserva, onde o apto está en 25 puntos.
Unha vez que teñan o lista de aptos/as, a oferta das interinidades farase por orde de puntuación nas actuais listas de contratación.
CIG-Saúde manifestamos o noso desacordo na realización destas probas e insistimos en que o que hai que negociar son as titulacións requiridas para estas categorías. Tamén propuxemos que aquelas persoas aspirantes que teñan algún exame superado de OPE se consideren como aptos/as e que non teñan que pasar este exame.
A distribución das interinidades será a que segue:
GRUPO TÉCNICO A1 SISTEMAS T.I. | GRUPO XESTIÓN A2 SISTEMAS T.I. |
5 interinidades en Servizos Centrais* | 3 interinidades Santiago |
2 interinidades Santiago | 1 interinidade A Coruña |
1 interinidade Pontevedra | 2 interinidades Ourense |
2 interinidades Ourense | 1 interinidade A Coruña |
2 interinidades Ferrol | |
1 interinidade Vigo |
*cada contrato estará vinculado orzamentariamente a unha área (Coruña, Vigo, Santiago, Lugo e Ourense).
Outros temas
CIG-Saúde entendemos que a persoa aspirante deberá reunir a capacidade funcional, é dicir estar de alta médica, no día de inicio do contrato, e non no momento do chamamento. O SERGAS está de acordo.
CIG-Saúde solicitamos que se traslade ás áreas que as persoas traballadoras que son autónomas poderán alegar isto como xustificación para pedir unha suspensión de chamamentos por “f.- Desenvolvemento dunha praza ou posto de traballo, mediante contrato laboral ou nomeamento administrativo, debendo achegarse copia destes.”. O SERGAS está de acordo.
Novas Relacionadas
Últimas novas