Información da Comisión central de seguimento do pacto de contratacións

Previsión de publicación de listas, novas categorías, medidas transitorias en médico/a de familia

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

1- Información xeral do pacto:

Entregan anexo coa previsión de publicación de listas de contratación de varias categorías.

As categorías que fixeron o exame de OPE este ano e que as listas estaban pendentes de publicar incluirase esta nota nas listas definitivas (calefactor/a, conductor/a, costureiro/a, electricista, fontaneiro/a, lavandeiro/a, mecánico/a, pasador/a de ferro, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información e telfonista.

CIG-Saúde denuncia que se tiveran demorado tanto a publicación destas listas de contratación, que xa tiñan que estar publicadas as listas definitivas antes de rematar xuño.

2- Apertura novas listas de selección temporal:

  • Técnico/a superior en Ciencias da Información
  • Enxeñeiro/a Superior Biomédico/a.

3- Medida transitoria a adoptar ante a situación de indispoñibilidade de profesionais na categoría de médico/a de familia:

“No período comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2022, suspenderanse os chamamentos dos/das profesionais que estean a prestar servizos con vínculo estatutario fixo ou temporal na categoría de médico/a de familia, para a formalización de nomeamentos temporais de categoría profesional distinta, que lle correspondesen en aplicación das normas xerais do Pacto”.

A través dunha instrución, e de xeito unilateral, impide que os/as médicas de familia fixos ou que ostentan un contrato temporal, se lle oferten outros contratos (incluído interinidades) das categorías nas que están inscritos e que o pacto determina como compatibles.

CIG-Saúde amosa a súa preocupación e desconformidade a que durante este período se poidan ofertar contratos de longa duración “saltándose” a orde de prelación das listas de contratación.

Medida transitoria que se va aplicar.

4- Rogos e preguntas:

CIG-Saúde esixe que se revise como conta o LICOT o máximo de 10 chamadas ao mes. Estase penalizando aspirantes que entre cada chamada non pasan 15 minutos e mais de 3 chamadas ao día, aínda que a/o aspirante estea traballando. Solicítase que nas Comisión Periféricas se valoren de xeito individual os casos e se respecte o pacto de contratación en canto ao tempo entre chamadas.

O SERGAS comprométese a revisar e tema e tratarase na próxima Comisión.

Volver