Información da comisión central de seguimento do pacto de selección temporal

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

1- A petición de CIG-Saúde, o SERGAS presenta un novo acordo de “réxime de penalización por chamadas
non atendidas”.
Dábase a circunstancia que se estaba penalizando aspirantes esgotando as 10 chamadas no mesmo día.
Acórdase:
• Chamamentos urxentes: realizaranse como ate o da agora 2 chamadas pero a efectos de penalización só se contabilizará 1 chamada.
• Chamamentos programados: realizaranse como ate o de agora 3 chamadas as cales serán contabilizadas, a efectos de penalización, sempre e cando entre cada chamada se respecten os 15 minutos. De non respectar estes 15 minutos, só se contabilizará 1 chamada.

2- O SERGAS presenta, tras ser solicitado por CIG-Saúde, un acordo de “alternancia entre a quenda libre e a de promoción profesional por distrito sanitario”.
A alternancia entre as quendas de promoción interna e libre nas listas de ámbito autonómico será por distrito sanitario.
Con isto evítase os múltiples erros que se estaban dando nestes nomeamentos.

3- Ábrese o debate sobre a eliminación da oferta de interinidades en praza vacante aos aspirantes que teñen un contrato de longa duración de substitución.
CIG-Saúde defende que se manteña ate a negociación do novo pacto de contratacións.

4- Uso das listas de enfermeiro/a especialista en enfermería familiar e comunitaria e enfermeiro/a especialista en enfermería pediátrica cos mesmos criterios que as de enfermeiro/a especialista en saúde mental.
CIG-Saúde denuncia que este tema foi tratado en reunións previas e o SERGAS quedara en traer unha proposta que nunca chegou.
Así mesmo tamén defendemos que os contratos que se oferten por estas listas teñen que formalizarse como enfermeiro/a especialista.

5- Rogos e preguntas:
CIG-Saúde esixe que a oferta de contratos para ADOS non poder ser secundaria a oferta que realiza o servizo de chamamentos de cada distrito.
O SERGAS comprométese a solucionalo e ofertar coa mesma prioridade que o resto de contratos .
CIG-Saúde denuncia que a comisión do contrato de continuidade adoitou un acordo que excede as súas competencias, en canto a que se obvia o pacto de contratacións e se adxudican as interinidades en praza vacante ás mesmas persoas aspirantes que estaban a desenvolver eses contratos, sen respectar a orde de prelación nas listas.
Tamén neste contexto denunciamos que estes contratos de continuidade non xeraron unha praza vacante nese posto, creouse no centro, e polo tanto, a sucesión dos contratos non é real en canto a que non continúa na mesma praza.

6- Información xeral:
O SERGAS informa que houbo unha renuncia nos contratos adxudicados de dietista- nutricionista, para volver a ofertar este contrato utilizarán as listas provisionais de contratación desta categoría.
O SERGAS informa que non fixeron a modificación de que os acumulos de tarefas pasan de 6 a 9 meses xa que a norma actual fala dun período máximo de 9 meses, pero non aclara o período mínimo. Aínda así comentan que están facendo as modificacións informáticas necesarias e que si teñen a intención de que o cómputo de acumulo de tarefas pase a 9 meses en 18 meses.

Volver