Información da Comisión técnica de OPE do 1 de marzo de 2019

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

COMISIÓN TÉCNICA DE OPE: CONVOCATORIA OPE DA CATEGORÍA DE PSX

Está previsto que o vindeiro xoves 7 de marzo de 2019 se publique a convocatoria de concurso-oposición na categoría de PSX.

O prazo de presentación de solicitudes será do 15 de marzo ao 30 de abril de 2019.

Táboa informativa

As prazas reservadas para o acceso pola quenda de discapacidade intelectual non están incluídas nesta convocatoria, incluiranse nunha convocatoria específica e diferenciada.

Como novidade no formulario de inscrición, inclúese a verificación automática de determinados requisitos, sen necesidade de ter que aportalos en papel. Tal é o caso de:

  • DNI ou NIE.
  • Certificado de discapacidade emitido na Comunidade Autónoma.
  • Desempregados/as de máis de 6 meses a nivel estatal.
  • Condición de familia numerosa recoñecida na Comunidade Autónoma.

No caso de que non se queira autorizar dita verificación terase que marcar esa opción na inscrición, e daquela o/a aspirante deberá presentar en papel toda a documentación.

O resto de requisitos teranse que aportar fisicamente (título, pasaporte...).

Volver