Información da comisión técnica de OPE do 20 de xullo

Previsións OPE e listas de contratacións

  • Mesa Sectorial
  • Oposicións
  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Convocatoria de concurso-oposición da categoría de enxeñeiro/a técnico/a.

Queda aprobada a convocatoria para a súa publicación en próximas datas no DOG, co voto en contra de CIG-Saúde.

 

Oferta de emprego público de postos de difícil cobertura para a categoría de médico/a de urxencias hospitalarias do CHUO.

Queda aprobada a oferta de emprego de 25 prazas de persoal médico de urxencias hospitalarias no CHUO, para a súa publicación en próximas datas no DOG.

Remitirán proximamente o borrador de convocatoria de concurso de méritos de difícil cobertura para estas prazas. O SERGAS indica que teñen intención de publicala a primeiros de agosto.

 

Acto de elección e toma de posesión das categorías pendentes.

O SERGAS informa de que as categorías que ían elixir destino neste mes de xullo esperan poder convocar o acto de elección a partir da semana que vén.

Isto implica que as tomas de posesión destas categorías se retrasarían ata o 7 de setembro, excepto Técnico/a superior en laboratorio para o diagnóstico clínico que será en outubro.

Segue retrasada sen data a convocatoria do acto de elección da categoría de Grupo auxiliar da función administrativa da quenda de discapacidade intelectual.

 

Outras previsións:

Neste ano 2026 informan de que os exames de oposición serán na segunda quincena de outubro e dous fins de semana de novembro, excepto a última semana dese mes.

Confirman que terán exame nesas datas as seguintes categorías:

  • TCAE
  • TCAE QDI
  • TEF
  • TEF QDI
  • TSID
  • Celador/a
  • Celador/a QDI
  • Grupo auxiliar da función administrativa (non QDI)
  • Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información
  • Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información
  • Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información
  • Fisioterapeuta
  • Traballador/a social

Informan tamén de que poderían incluírse nesas datas outras categorías que teñen publicado o tribunal:

  • Calefactor/a
  • Condutor/a
  • Dietista-nutricionista
  • Electricista
  • Farmacéutico/a de atención primaria
  • Fontaneiro/a
  • Logopeda
  • Mecánico/a
  • Médico/a asistencial do 061
  • Médico/a de admisión e documentación clínica
  • Médico/a xeral de ADOS
  • Terapeuta ocupacional
  • Odontólogo/a de atención primaria

 

O SERGAS informa que os tribunais das categorías que teñen pendente a publicación da plantilla definitiva do exame de oposición, non se reunirán ata despois do verán.

 

O SERGAS informa de que a finais de xullo-primeiros de agosto publicarán a Resolución definitiva do concurso específico de médico/a de HADO.

 

O SERGAS recoñece o retraso na publicación das listas de contratacións, e esperan publicar as listas que estaban previstas para este mes de xullo, a partir da semana que vén.

Volver