Información da Mesa Sectorial 30 de xaneiro de 2025

  • Mesa Sectorial
  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Procesos selectivos de estabilización: OPE e concurso de méritos de todas as categorías

O SERGAS informa que a elección de destino vai ser telemática e simultánea, é dicir, pódese elixir na mesma categoría a praza por OPE e por concurso de méritos. Posteriormente publicarase a relación de persoas e prazas acadadas. Aquelas persoas ás que se lles adxudique unha praza por OPE e outra por concurso de méritos, abriráselles un prazo para que ELIXAN con que praza queren quedarse, de non elixir ningunha o SERGAS adxudicará a praza acadada por concurso de méritos.

Unha vez remate este proceso as prazas que queden desertas correrá a lista correspondente (OPE ou concurso de méritos) e chamarase para presentar documentación e elixir praza as seguintes persoas aspirantes.

O SERGAS di que é previsible que para a semana se colgue na web a oferta de destinos de todas as categorías.

O SERGAS tamén informa de que en FEAs houbo 24 renuncias no concurso de méritos, polo que proximamente van notificar ás seguintes persoas en reserva para que presenten a documentación.

Concurso de méritos de difícil cobertura de enfermeira/o especialista en saúde mental

O SERGAS di que vai resolver este concurso de difícil cobertura agora e posteriormente resolverá a OPE e o concurso de méritos desta categoría de xeito simultáneo.

CIG-Saúde denunciamos que isto vai ter consecuencias para as/os traballadoras/es, xa que como a toma de posesión será anterior ao resto de procesos vanse ver obrigadas/os a coller a praza por difícil cobertura coas condicións específicas destas prazas (permanencia de 2 anos).

CIG-Saúde solicitamos que se resolvan de xeito simultáneo os 3 procesos.

Procesos pendentes da lei de estabilización (OPE e concurso de méritos)

CIG-Saúde preguntamos polo concurso-oposición de médico/a de familia. O SERGAS informa de que teñen previsto publicar a baremación provisional da fase de concurso no primeiro trimestre deste ano.

CIG-Saúde preguntamos polo concurso de méritos de médico/a de HADO. O SERGAS informa de que este proceso selectivo está parado co apoio do tribunal ata que se resolva o concurso específico desta categoría

OUTROS TEMAS

  • CIG-Saúde preguntamos pola contratación do persoal dietista-nutricionista. O SERGAS acepta a proposta presentada pola CIG de facer o chamamento centralizado para a oferta das 45 interinidades.
  • CIG-Saúde solicitamos a negociación do concurso específico de especialistas en enfermaría familiar e comunitaria.
  • CIG-Saúde preguntamos se nas listas provisionais publicadas este mes de xaneiro de selección temporal, se tiveron en conta os días de vacacións cotizadas e non desfrutadas. O SERGAS di que si, tanto os do SERGAS coma aqueles días procedentes doutras entidades fóra do SERGAS sempre que estiveran validados.

➢ SERGAS confirma que teñen previsto que os concursos oposición que xa están convocados realicen os exames de oposición no primeiro semestre.

➢ SERGAS confirma que este ano 2025 aplicarán o CPV para o persoal enfermeiro de hospital que realice 105 horas de voluntariedade. Proximamente aboarán o CPV correspondente ao ano 2024.

Volver