Información da Mesa sectorial 30 xaneiro de 2024
Aplicación do acordo de 20 de abril de 2023 ao persoal médico de urxencias hospitalarias
- Carreira profesional
- Sanidade Pública
Aplicación do acordo de 20 de abril de 2023 ao persoal médico de urxencias hospitalarias
O SERGAS convocou mesa Sectorial para tratar este punto.
CIG-Saúde levaba mais dun ano solicitando que se reunira a comisión de seguimento do acordo de persoal médico de urxencias hospitalarias xa que creemos necesario para poderlle dar continuidade ao acordo.
Na reunión de hoxe acordáronse os temas e os ámbitos para tratar diversas cuestións que afectan directamente a esta categoría.
O próximo 20 de febreiro haberá comisión de seguimento do acordo do persoal médico de urxencias hospitalarias onde se tratará entre outros aspectos :
- Estudio de necesidades e plans funcionais
- Cómputo de xornada de docencia e outras actividades non asistenciais
- Réxime de descansos e o seu cómputo
A continuación celebrarase a Mesa Sectorial na que se elevaran os acordos que se tomen nesta comisión e se tratarán entre outros os seguintes temas:
- Xornada complementaria do persoal médico de urxencias hospitalarias, do persoal médico de PAC e do persoal médico da Fundación 061
- Tratamento do persoal médico de urxencias hospitalarias maior de 55 anos de idade
- Dispoñibilidade en urxencias hospitalarias
Desde CIG-Saúde agardamos que os compromisos de negociación acadados deriven en melloras para as traballadoras e por iso instamos ao SERGAS a que acuda a esa reunión con datos e propostas de mellora, xa que na reunión de hoxe púxose en evidencia as necesidades e problemáticas destes servizos.