Información da Mesa Sectorial de 20 de setembro de 2023
Próximas publicacións en DOG
- Concurso de traslados
- Oposicións
- Sanidade Pública
Previsións de publicacións DOG:
Concurso de méritos
28 de setembro: publicación das aspirantes definitivamente seleccionadas e apertura do prazo de elección de destinos da categoría de ENFERMEIRO/A.
Outubro:
- publicación das aspirantes definitivamente seleccionadas e apertura do prazo de elección de destinos da categoría de MÉDICO/A DE FAMILIA.
- publicación da baremación provisional nas categorías de TCAE e PSX. A baremación definitivas e as aspirantes definitivamente seleccionadas non se coñecerán antes da realización dos exames de oposición destas categorías, previstos para o 4-5 de novembro.
- publicación da lista provisional de admitidos/as e excluídos no concurso de méritos de postos de difícil cobertura na categoría de especialista en ENFERMARÍA EN SAÚDE MENTAL.
- publicación da baremación provisional na categoría de FEAP.
En referencia ao concurso de méritos do resto de categorías, dixeron que irán priorizando en función das previsións de exames de oposición das distintas categorías.
Concurso-oposición
Outubro: publicación das puntuacións provisionais de oposición de ENFERMEIRO/A.
Concurso de traslados
A partir do 15 de outubro, resolución definitiva e tomas de posesión da categoría de MÉDICO/A DE FAMILIA.
Outubro: publicación da baremación provisional e asignación de destinos provisionais. Abrirase un prazo de 10 días hábiles para posibles reclamacións.
Novembro: resolución definitiva e tomas de posesión de todas as categorías restantes.