Información da Mesa Sectorial de 29 de maio de 2023

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

MESA SECTORIAL 29 DE MAIO DE 2023

1- Xornada complementaria en enfermeiras/os e enfermeiras/os especialistas de atención hospitalaria.

O SERGAS, sen previa negociación, trae a Mesa Sectorial o seguinte cadro de pago de “xornada complementaria” para atención hospitalaria:

En canto ao Complemento de Produtividade Variable (CPV) só se retribuirá, por unha soa vez, no mes de febreiro ás persoas que cumpran o obxectivo de realizar 105 horas anuais de xornada complementaria.

Neste ano 2023, as 105 horas empezaranse a contar a partir do 1 de xullo ata o 31 de xaneiro de 2024, e este CPV retribuirase no mes de febreiro de 2024.

O SERGAS di que os criterios de oferta e de reparto terán que negociarse coas xuntas de persoal nas distintas Xerencias.

CIG-Saúde denuncia que o SERGAS comprometeuse en xuño de 2022 a un grupo de traballo para abordar a situación de “déficit de profesionais de enfermeiras/os” e no canto diso trae unha medida unicamente retributiva e que nin sequera garante o dereito ao emprego.

 

Retribución do 25 de xuño de 2023 (quendas de noite do día 24 e de mañá e tarde do 25 de xuño), pola coincidencia co exame da OPE de enfermeira/o:

  • Persoal que teña algunha quenda asignada na carteleira: cobrará a retribución habitual.
  • Persoal que cambie de quenda: cobrará como un día de especial significación (é dicir, quendas de mañá ou tarde dous módulos de festivo, e quenda de noite dous módulos de noite prefestiva).

Quenda de mañá e tarde (7 horas)

148,12 euros

Quenda de noite (10 horas)

147,80 euros

 

  • Persoal que faga a quenda a maiores da súa xornada: cobrará a xornada complementaria actual mais dous módulos de festivo ou noite prefestiva segundo corresponda.

Quenda de mañá e tarde de domingo (7 horas)

218,54 + 74,06 = 292,60 euros

Quenda de noite de sábado (10 horas)

280, 30 + 73,90 = 354,20 euros

 

2-Programa de transición xeracional do persoal facultativo especialista de atención hospitalaria.

O SERGAS presenta un programa, que se publicará no DOG de forma unilateral e sen ningún apoio sindical, que constará este ano 2023 de 60 contratos de servizos determinados para os/as MIR que rematan o período de residencia, saltándose as listas de contratación e cun baremo onde un dos apartados outorga 3 puntos por ter feito a formación MIR na mesma área sanitaria onde se contrata.

Na presentación do plan o SERGAS di que se fai en categorías onde vai haber un alto número de xubilacións e que a medida se enfoca para reter o persoal en formación que remata. Pero na realidade, pese a terllos solicitado, non presentan os datos de xubilacións nin as xustificacións das prazas a ofertar.

Para CIG-Saúde volve a tratarse dunha vulneración do pacto de contratacións de Facultativos/as especialistas en atención hospitalaria, e esixe que eses nomeamentos se oferten polas listas de contratación vixentes.

 

3-Información sobre a execución de procesos selectivos e de provisión:

  • Concurso de traslados aberto e permanente de médico/a de familia: publicación da lista provisional de adxudicación de destinos o 02/06/2023. Toma de posesión conxunta a finais de outubro do CTAP de médico/a de familia, concurso de méritos de FEAP e concurso de méritos de médico/a de familia.
  • Concurso de traslados aberto e permanente do resto de categorías: teñen previsto que no mes de xuño se publiquen as prazas ofertadas e se abra o prazo para a posible modificación dos destinos. A previsión de publicación da asignación provisional de destinos é do mes de setembro. 
  • OPE en curso (pinche, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, cociñeiro/a, calefactor/a, electricista, fontaneiro/a, mecánico/a, logopeda, terapeuta ocupacional, traballador/a social, telefonista, costureiro/a, lavandeiro/a, pasador/a de ferro e condutor/a): o día 5 xuño iníciase o do prazo de elección de destino telemático, sendo probable a toma de posesión en xullo.
  • OPE en curso (FEA de cirurxía oral e maxilofacial, FEA de cirurxía pediátrica, FEA de cirurxía plástica, estética e reparadora, FEA de inmunoloxía e FEA de oncoloxía radioterápica): inicio do prazo de toma de posesión o 6 de xuño de 2023.
  • OPE pinche discapacidade intelectual e técnico/a en farmacia discapacidade intelectual: en xullo está previsto que se convoque o acto de elección de destino.
  • Concurso de méritos de estabilización:

- Enfermeiro/a: en xuño, antes do exame, baremación definitiva dos méritos e publicación das persoas seleccionadas para que presenten a documentación requirida.

- Médico/a de familia: listas provisionais de baremación en xuño-xullo

- PSX e TCAE: xullo listas de admitidos/as e baremación provisional.

- Resto de categorías: setembro-outubro.

  • Concurso-oposición de estabilización: no mes de xullo publicaran os listados de admitidos/as e excluídos/as nas categorías que faltan.
  • Concurso de méritos da lei 2/2022 de postos de difícil cobertura: está pendente a publicación da convocatoria da categoría de especialista en enfermaria en saúde mental, sairá no mes de xuño coa intención de que poidan inscribirse os/as novos/as titulados/as. 

4-Outros temas

CIG-Saúde pregunta pola non publicación en DOG do manual de cobertura de ausencias de atención primaria, ao que o SERGAS resposta que está prevista para 1 de xuño de 2023.

CIG-Saúde denuncia problemas na concesión do permiso por exame para a OPE de enfermeiras/os nas quendas irregulares. O SERGAS aclara que o permiso abrangue toda a xornada comprendida entre as 22h do día 24 de xuño ata as 22h do día 25 de xuño.

CIG-Saúde esixe que se traia a Mesa Sectorial a instrución de desfrute da maternidade-MAE.

CIG-Saúde pregunta por cando vai ser a toma de posesión do concurso de méritos de enfermeiras/os, se vai ser ou non conxuntamente coa toma de posesión da OPE de estabilidade, o SERGAS di estar valorándoo.

CIG-Saúde pregunta se continúan as equipas de enfermeiras/os domiciliarias de atención primaria xa que hai Xerencias onde foron reubicadas varias nos hospitais, o SERGAS mantén que continúan con dito programa.

CIG-Saúde solicita reunión da comisión de carreira e grupo de traballo de permisos e licenzas.

Volver