Información da mesa sectorial de sanidade do 17 de novembro de 2023

Oferta de emprego 2023, información OPE e outros temas

  • Mesa Sectorial
  • Oposicións
  • Taxa de reposición

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO SERGAS DO 2023

CIG-Saúde denunciamos o mantemento da taxa de reposición nesta oferta de emprego, que limita e impide a convocatoria de todas as prazas vacantes de todas as categorías.

O SERGAS aplica a taxa de reposición co apoio dos sindicatos estatais.

Aprobouse na mesa sectorial este decreto de oferta de emprego, co voto en contra de CIG-Saúde.

Incluirá 1207 prazas, das que 61 prazas corresponden pola quenda de discapacidade xeral, e 33 prazas corresponden na quenda de discapacidade intelectual, e que se acumularán na categoría de Auxiliar administrativo/a.

O SERGAS acumula as prazas ofertadas só en 12 categorías, pero fundamentalmente na categoría de enfermeiro/a.

 

INFORMACIÓN OPE

Aprobada a Oferta de Emprego Público do SERGAS do 2023, co voto en contra de CIG-Saúde.

Médico/a de familia: ofértanse 121 prazas, que se engadirán á convocatoria de concurso-oposición de estabilidade do 04/01/2023.

  • Abrirase un novo prazo de inscrición para os/as novos/as titulados. As persoas xa inscritas non terán que volver a inscribirse.
  • Isto vai provocar un retraso na data de realización do exame de oposición que estaba previsto para febreiro do 2024, podendo pasar para o mes de marzo.

Técnico/a superior en dietética: Ofértanse 11 prazas, que se sumarán ás 5 prazas ofertadas no 2021, e está previsto publicar a convocatoria do concurso-oposición antes do 31 de decembro de 2023.

Grupo técnico e Grupo xestión da función administrativa: Ofértanse 2 e 5 prazas, que se sumarán ás ofertadas en anos anteriores. Está previsto publicar a convocatoria de concurso-oposición cun total de 9 prazas do Grupo técnico e 26 prazas do Grupo xestión, antes do 31 de decembro de 2023.

CIG-Saúde preguntamos pola convocatoria das 13 prazas de Técnico/a superior en documentación sanitaria ofertadas no ano 2021. Informan que probablemente se publique a convocatoria do concurso-oposición en decembro.

Concurso de méritos de difícil cobertura: informan de que probablemente non lles dea tempo a resolvelo en decembro, e teña que quedar para o mes de xaneiro de 2024.

Concurso de méritos de estabilización:

  • O SERGAS avisa de que poden actualizar a lista de admitidos e excluídos no concurso de méritos despois das tomas de posesión do concurso de méritos de postos de difícil cobertura.
  • Ademais debido ás demandas xudiciais consideran que a resolución do concurso de méritos de FEAS de estabilización se resolverá a finais do 2024, ou incluso no 2025.

 

OUTROS TEMAS

Acórdase a flexibilización do desfrute ata o 31/03/2024 dos LDs ordinarios e adicionais correspondentes ao ano 2023.

CIG-Saúde preguntamos polos contratos de Dietistas-nutricionistas de atención primaria que rematan o contrato programa o 20 de decembro. O SERGAS contesta que lles van prorrogar 6 meses máis.  

Informan que tamén prorrogarán 6 meses aos/ás enfermeiros/as de atención domiciliaria naqueles casos que estean desempeñando o seu traballo en primaria.

CIG-Saúde solicitamos a eliminación do ano de permanencia para participar no Concurso de traslados aberto e permanente.

  • O SERGAS négase a eliminar ese requisito.
  • Só están dispostos a facer unha excepción coas 5 categorías de FEAS que tomaron posesión na OPE en xuño do 2023, para que participen no CTAP en igualdade de condicións que as categorías de FEAS que tomaron posesión en novembro do 2022.

Volver