Información da Mesa Sectorial do 11 de decembro de 2024
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
PREVISION PROCESOS SELECTIVOS ESTABILIZACIÓN
O SERGAS informa de que a semana que vén publicaranse as resolucións dos concursos de méritos en todas as categorías.
Informan de que intentarán que no mes de decembro publiquen as resolucións dos concurso-oposición.
Queda pendente de negociar na mesa sectorial como realizar o acto de elección nos procesos selectivos nos que hai persoas que son adxudicatarias de praza en varios procesos (concurso de méritos e concurso-oposición).
Non está previsto que se realicen actos de elección de destino neste mes de decembro.
VACACIÓNS COTIZADAS E NON DESFRUTADAS
CIG-Saúde denunciamos que o retraso na aplicación da sentenza do Tribunal Supremo que recoñece como servizos prestados as vacacións cotizadas e non desfrutadas está prexudicando ás persoas traballadoras que cumpren agora trienios, porque o certificado de servizos previos que está emitindo o SERGAS non inclúe eses días de vacacións. Quedaron en revisalo.
A día de hoxe os certificados de servizos prestados que están emitindo dende as Xerencias inclúen os días de vacacións cotizadas, pero na suma final non discrimina os servizos prestados solapados e suma todo, polo que pode levar a confusión ás persoas que utilicen ese certificado, creando falsas expectativas.
Segue pendente que no FIDES se poidan incluír os días de vacacións cotizadas de fóra do SERGAS.
ACORDO DO 20 DE ABRIL DE 2023
CIG-Saúde solicitamos que quede establecido e que se garanta a retribución como festivo os días 24 e 31 de decembro en todas as categorías actuais e futuras.
CIG-Saúde denunciamos que non se está aboando a garda presencial e localizada en domingo ou festivo nas categorías de persoal de enfermaría de atención hospitalaria, porque non se incluíu no DOG cando se publicou o Acordo do consello da Xunta que recollía o acordo do 20 de abril de 2023.