Información da Mesa Sectorial do 16 de xullo de 2025
Convocatoria de OPE varias categorías
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
Convocatoria concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información
Apróbase a convocatoria de OPE de estas categorías.
CIG-Saúde vota en contra da aprobación destas convocatorias ao non estimarse ningunha das alegacións presentadas para poñer en valor a lingua galega nas convocatorias de OPE.
As persoas aspirantes que se decanten pola realización dos exames en galego seguirán a estar “sinaladas” o día da realización do exame.
CIG-Saúde esiximos que os exames do galego teñan o carácter de eliminatorio ao igual que no resto do acceso ao emprego fixo na administración galega.
CIG-Saúde tamén estamos en contra de que NON se esixa a titulación específica para as categorías de Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da Información. A non exixencia de esta titulación trasládase despois no pacto de selección temporal á hora de ofertar nomeamentos, nos que “as veces” se exixe unha proba teórica, a cal estamos en contra. Ademais non exixir estas titulacións vai en detrimento destas categorías e favorece a privatización.
O SERGAS acepta negociar despois do verán as titulacións a exixir nestas categorías coa finalidade de modificar o decreto de creación de estas a través da lei de medidas.
CIG-Saúde solicitamos que se traia previamente á Mesa Sectorial e se negocie non só para estas categorías senón que tamén para o resto de categorías de xestión e servizos e oficios, onde non se exixe titulación.
O SERGAS acepta valorar a nosa proposta.
CIG-Saúde tamén solicitamos que ligado a isto se estableza un réxime transitorio para o persoal que actualmente está nas listas de selección temporal. Aceptan.
Plazo de presentación de solicitudes
Do 28 de xullo ao 15 de setembro de 2025 (a publicación en DOG será previsiblemente o 24 de xullo).
Outros temas
CIG-Saúde denunciamos que na OPE da categoría de Grupo técnico da función administrativa, na listaxe de puntuacións provisionais da fase de oposición so hai unha persoa aprobada, os contidos dos exames deben axustarse aos temarios publicados. Preguntamos que vai a pasar coas prazas que queden desertas.
O SERGAS di que ten intención de sumalas á próxima convocatoria.
Pasa o mesmo coa categoría de técnica/o en documentación sanitaria, van a quedar prazas desertas porque non pasan a fase de oposición as persoas suficientes, sendo a segunda OPE que ocorres isto nesta categoría.
CIG-Saúde denunciamos a privatización que se fai nas áreas do traballo de esta categoría e que a inestabilidade laboral favorece que avance a privatización.
En canto aos borradores das convocatorias de TCAE, celadora/or e algunhas categorías técnicas/os de formación profesional pensan envialas no mes de agosto para convocar a finais dese mes.
Novas Relacionadas
Últimas novas