Información da Mesa Sectorial do 7 de marzo de 2025

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

1.- Información sobre os compromisos en materia de persoal para 2025, do “Plan de acción de atención primaria y comunitaria 2025-2027” do Ministerio de Sanidade.

A Directora de RRHH informa que para acceder aos fondos do Plan de acción do Ministerio comprometéronse para este ano 2025 a cumprir 3 obxectivos:

  1. Publicar a nova oferta de emprego para o ano 2025 incluíndo todas as categorías de atención primaria, excepto a categoría de dietista-nutricionista que se incluirá na oferta de emprego do 2026.
  2. Implantar accións sobre postos de difícil cobertura, que se negociará neste primeiro semestre de 2025.
  3. Realizar os cambios necesarios para realizar chamamentos prioritarios en AP para prazas de enfermeiro/a con persoas co título de especialista en enfermaría familiar e comunitaria.

CIG-Saúde amosamos a nosa preocupación pola categoría de dietista-nutricionista que viron mermado o nº de profesionais pero tamén as condicións de traballo dos mesmos.Denunciamos a dispersión dos centros aos que debe acudir a persoa traballadora con distancia de ata 70 km entre centros, sen que reciban ningún tipo de contraprestación.

2.- Outros

CIG-Saúde denunciamos o retraso na actualización das listas de contratación. O Subdirector explica que houbo un volume importante de recursos de reposición na OPE, o que levou a que lle dean prioridade a estes demorando as listas de contratación.

CIG-Saúde denunciamos que non se está a dar a resposta necesaria en relacións ás agresións que se produciron na Coruña coa aplicación dos protocolos existentes nin con medidas preventivas. Solicitamos que se implanten medidas preventivas de maneira urxente, e solicitamos tamén que se traslade á representación sindical os informes e a análise causa raíz.

Volver