Información da Mesa Sectorial sobre as sentenzas gañadas por CIG-Saúde
Vacacións cotizadas e non desfrutadas e soldo base do persoal residente (MIR, EIR, FIR, PIR, BIR...)
Sentenza de vacacións cotizadas e non desfrutadas
O SERGAS informa da aplicación de “oficio” que ten prevista para esta sentenza gañada por CIG-Saúde:
- No mes de setembro esperan ter habilitada a modificación do FIDES: para incluír de oficio os días de vacacións xerados nos contratos do SERGAS, e, para que os/as profesionais poidan rexistrar os días de vacacións xerados en contratos de fóra do SERGAS.
- En xaneiro de 2025 esperan que esa información estea validada no FIDES e poidan empezar a valorar ese tempo traballado nos procesos de selección futuros.
- En canto aos trienios o SERGAS indica que ese tempo terano en conta para o perfeccionamento de trienios futuros.
CIG-Saúde preguntamos que vai a pasar cos procesos de selección temporal que xa están en curso e que deberían de valorarse ese tempo de vacacións cotizadas e non desfrutadas, o SERGAS recoñece que de “oficio” NON os van valorar porque entenden que suporía a paralización de todos os procesos.
Polo que desde CIG-Saúde seguiremos apoiando ás profesionais coa presentación de reclamacións en todos os procesos de selección temporal, selección fixa e/ou mobilidade que están en curso.
Así mesmo, tamén continuaremos coas reclamacións para adiantar as datas de perfeccionamento dos trienios e os seus atrasos para que as persoas afectadas, que así o soliciten.
Sentenza de persoal residente
O SERGAS confirma que van aplicar de “oficio” a sentenza polo conflito colectivo interposto pola CIG-Saúde que recoñece o dereito do persoal residente (MIR, EIR…) a percibir o mesmo salario base que o persoal estatutario coa mesma titulación.
Esta sentenza recoñece o pago de atrasos desde un ano antes de que a CIG-Saúde presentara a demanda no xulgado.
A Directora de RRHH do SERGAS quedou na Mesa Sectorial en enviar a data concreta a partir da cal ían aboar de “oficio” este pago de atrasos, e que no mes de xullo regularizarán as nóminas pagando estes atrasos.
Desde CIG-Saúde non imos paralizar as reclamacións presentadas e/ou que se están presentando ata ter confirmada por parte do SERGAS esta data e non perdan ningún dos atrasos aos que teñen dereito.
Novas Relacionadas
Actualmente non hai novas