Información da reunión da Comisión Central de Contratacións
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
Previsión de publicación de listas de contratación
Axúntase cadro entregado hoxe polo SERGAS.
CIG-Saúde denunciamos que estas previsións son inaceptables e que a publicación das listas non pode ser con posterioridade á oferta da contratación do verán, xa que é o período de máxima contratación do ano.
Esiximos que de cara o ano que ven se acurten os prazos e que as listas definitivas das diferentes categorías se publiquen antes da oferta de contratación do verán.
O SERGAS informa que na categoría de FEA de atención hospitalaria vai retrasarse a publicación definitiva das listas a xuño, porque prevén ter xa rematada a fase de oposición e así incluír as notas nestas listas. Informan tamén que se ampliará o prazo, nesta categoría, ata o 31 de xullo para modificar a inscrición. Tanto a entrega e cómputos de méritos como as novas inscricións continuarán tendo como data límite o 30 de xuño.
En canto ao resto de categorías din que van tratar que as listas definitivas inclúan a nota do exame de oposición.
Rogos e preguntas
CIG-Saúde solicita de novo un protocolo de xestión para a oferta dos nomeamentos administrativos nas mulleres embarazadas. Lembramos que os nomeamentos administrativos están previsto só para aquelas situacións onde non é posible a formalización dun nomeamento ordinario.
CIG-Saúde solicitamos información sobre a negociación do novo pacto. A Administración di que non sabe dicir próximas convocatorias de reunión e/ou prazos debido aos cambios na Consellería.