INFORMACIÓN DA REUNIÓN DE CARREIRA PROFESIONAL CELEBRADA O DÍA 13 DE OUTUBRO DE 2020.
- Carreira profesional
- Sanidade Pública
O SERGAS vén de presentar a convocatoria da carreira profesional do ano 2020.
A semana que vén, previsiblemente, publicarase no DOG esta resolución e abrirase o prazo de UN MES para facer as solicitudes de acceso á carreira profesional.
CIG-Saúde esixiu que na resolución se incluíse que os efectos económicos e de inicio do cómputo da permanencia fosen de 1 de xaneiro de 2021.
O SERGAS négase a incluír ningunha referencia alegando que o pago da carreira profesional está supeditada aos orzamentos.
- Ou nos retrasan o inicio do cobro ata marzo de 2021.
- Ou incluso poderían facer un recoñecemento exclusivamente administrativo da carreira, sen retribución.
Novamente o SERGAS pretende incumprir os seus propios acordos.
O acordo de carreira de 2018 recolle que o persoal fixo no SERGAS antes do 31 de decembro de 2011 poderá progresar ao seguinte grao.
A avaliación que se aplique será a do réxime de encadre do 2018, con certas adaptacións:
- Persoal licenciado sanitario: cumprimento dos obxectivos no período 2015-2019.
- Todos os colectivos: actividades realizadas entre o 1 de xaneiro de 2015 e o día anterior á publicación no DOG da convocatoria, como por exemplo, 40 horas de formación, entre outras.
IMPORTANTE
Todo o persoal fixo a 31 de decembro de 2011, que se atope por Promoción Interna, nunha interinidade ou acadase praza fixa nos últimos anos, deberá ter recoñecido o Grao inicial para que poida acceder ao Grao I neste ano 2020.
Se te atopas entre este persoal, revisa o teu FIDES e comproba se tes recoñecido o Grao inicial.
Para mais información diríxete aos locais de CIG-Saúde.