Información OPE. Mesa sectorial do 5 de marzo de 2021
- Mesa Sectorial
- Oposicións
- Sanidade Pública
DECRETO DE OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2021
Na Mesa Sectorial do 5 de marzo de 2021 o SERGAS vén de presentar o cadro de prazas que se incluirán no Decreto de oferta de emprego do SERGAS para o ano 2021.
Nel só se ofertan 1203 prazas porque se continúa aplicando unha tasa de reposición (110% para o ano 2021) que perpetúa a temporalidade e por tanto a precariedade laboral na sanidade pública galega.
CIG-Saúde solicitamos que se contabilizasen todas as vacantes existentes no SERGAS, estivesen ou non ocupadas por persoal interino. A Administración un ano máis mantén estas ofertas de emprego limitadas, que a pesares de que a pandemia veu a demostrar o esencial que é para a sociedade a sanidade pública, nin sequera foi quen de trasladar ao Goberno do Estado a eliminación da tasa reposición para o sector da sanidade.
2021 | |||
CATEGORÍA | TOTAL | D.X. | D.I. |
Calefactor/a | 7 | ||
Celador/a | 220 | 11 | 15 |
Condutor/a | 3 | ||
Costureiro/a | 5 | ||
Electricista | 8 | ||
Enfermeiro/a | 604 | 32 | |
Enfermeiro/a especialista en Enfermaría de Saúde Mental | 10 | 1 | |
Enfermeiro/a especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria | 10 | 1 | |
Enfermeiro/a especialista en Enfermaría Pediátrica | 7 | ||
Enxeñeiro/a Técnico/a | 9 | ||
Fisioterapeuta | 20 | 1 | |
Fontaneiro/a | 7 | ||
Grupo Auxiliar da Función Administrativa | 155 | 8 | 10 |
Lavandeiro/a | 12 | 1 | |
Matrón/a | 17 | 1 | |
Mecánico/a | 2 | ||
Médico/a coordinador/a do 061 | 2 | ||
Médico/a de familia de atención primaria | 60 | 3 | |
Odontólogo/a de atención primaria | 3 | ||
Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información | 4 | ||
Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información | 2 | ||
Técnico/a superior en dietética e nutrición | 5 | ||
Técnico/a superior en documentación sanitaria | 13 | 1 | |
Traballador/a social | 18 | 1 | |
TOTAL PRAZAS INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO 2021 | 1203 |
CRONOGRAMA OPEs CONVOCADAS
- Mes de marzo: publicación da lista provisional de admitidos/as e excluídos/as e membros dos tribunais das categorías que teñen previsto facer o exame neste ano 2021.
- Segunda quincena de abril: Exame de PSX pola quenda de discapacidade intelectual.
- Antes do verán: tomas de posesión das categorías que xa están na fase final, pendentes da elección de destino.