Información sobre o anteproxecto da lei de orzamentos 2024 e da lei de medidas
Mesa sectorial 18 de outubro
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
Orzamentos 2024
A Directora de RRHH fixo un relato das melloras xa pactadas (acordo retributivo de 20 de abril, carreira profesional, incremento prazas MIR) e que se incorporarán nos orzamentos do 2024.
Con respecto ao acordo de redución de xornada do 20 de abril, informa de que supón un incremento de 870
novas prazas nos anos 2023 e 2024.
Informan de que a subida do 0,5% previsiblemente se abone na nómina de novembro.
Lei de medidas 2024
Con respecto á lei de medidas para o ano 2024 a Directora de RRHH anunciou que se incorporará o pago do prorrateo da atención continuada nas ITs derivadas do embarazo e tamén nas ITs por un proceso oncolóxico grave.
CIG-Saúde preguntamos polo punto do borrador da lei que fala da inclusión de “prazas adicionais nas convocatorias de procesos selectivos”.
A Directora de RRHH informa que pretenden incorporar nas convocatorias de concurso-oposición prazas adicionais que correspondan con xubilacións previstas nesa categoría nos dous anos seguintes, para reducir a temporalidade.
CIG-Saúde denunciamos que nos crea moitas incertidumes a aplicación desta proposta porque afecta á taxa de reposición dos anos posteriores, á quenda de promoción interna, e porque non queda claro como van ser as tomas de posesión (abre a porta a tomas de posesión provisionais), nin se afecta ao concurso de traslados.
Solicitamos a negociación na mesa sectorial do desenvolvemento desta proposta.
CIG-Saúde solicita que se elimine o requisito de 1 ano de permanencia na praza fixa para poder participar no Concurso de traslados aberto e permanente.
A Directora de RRHH responde que non están en disposición de valorar dita proposta.