Información da mesa sectorial do 11 de setembro de 2024
Dietistas-nutricionistas, procesos de provisión de prazas, nova especialidade de medicina de urxencias e emerxencias, outros temas
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
DIETISTAS - NUTRICIONISTAS
O SERGAS comprométese a consolidar a categoría de Dietista-nutricionista en atención primaria, pero reorganizará as prazas consolidando en interinidades 75 prazas dos 94 contratos que hai actualmente.
Informa de que prorrogarán durante 3 meses os contratos actuais, e cando se autoricen as vacantes ofertaranse as 75 vacantes por orde de puntuación nas listas de contratacións.
|
PILOTAXE 2022 – 2024 |
RATIO ESTIMADA 2024 - 2025 |
Lugo-A Mariña-Monforte |
15 |
10 |
Ourense-Verín-O Barco |
13 |
10 |
Vigo |
15 |
14 |
A Coruña-Cee |
18 |
13 |
Pontevedra-O Salnés |
10 |
9 |
Santiago-Barbanza |
16 |
13 |
Ferrol |
7 |
6 |
TOTAL |
94 PROFESIONAIS |
75 PROFESIONAIS |
CIG-Saúde expuxemos que apostamos pola categoría e que consideramos que é un servizo moi importante pero criticamos que se reduza o número de profesionais atendendo aos criterios expostos que falan exclusivamente de número de consultas e non hai ningún rexistro da actividade de prevención na comunidade tan importante na categoría.
CIG-Saúde denunciamos que as persoas que foron contratadas no 2022, foran chamadas por orde de inscrición cando as listas non estaban aínda vixentes, o que fixo que persoas que nas listas definitivas con menor puntuación continúen traballando, e as primeiras de lista estean sen traballar. Solicitamos que as prórrogas se oferten pola lista de contratación vixente.
PROCESOS DE PREVISIÓN DE PRAZAS
- CONCURSO DE TRASLADOS ABERTO E PERMANENTE (CTAP) 2024
Publicación das adxudicacións provisionais na segunda quincena de setembro, sen data concreta.
- CONCURSO DE MÉRITOS TCAE E PSX
Publicación da resolución definitiva a finais de setembro, e tomas de posesión no mes de outubro.
Informan de que o obxectivo do SERGAS é executar os procesos de estabilidade no que queda do ano, retrasando as tomas de posesión de OPE e CTAP ao ano 2025.
CIG-Saúde denunciamos que retrasar ao 2025 as tomas de posesión que terían que ser no 2024, ten consecuencias para as profesionais, posto que non poderían participar no CTAP do 2026 por non cumprir a 15 de xaneiro o ano de permanencia na praza.
CIG-Saúde solicitamos que nas categorías nas que sexa posible se resolvan no 2024 e non se demore innecesariamente a toma de posesión.
CIG-Saúde preguntamos polos criterios que van utilizar para determinar que prazas se van ofertar nos procesos de estabilidade. O SERGAS non o aclara.
OUTROS TEMAS
CIG-Saúde solicitamos que se retome na mesa sectorial a negociación do acordo das/os médicas/os de urxencias hospitalarias como estaba comprometido.
CIG-Saúde solicitamos que se aborde na mesa sectorial os criterios de cese que se aplicarán nas tomas de posesión dos procesos de estabilización.
CIG-Saúde solicitamos que se revisen os centros e postos de difícil cobertura en base aos criterios establecidos a nivel estatal, e os posibles incentivos para os mesmos.
CIG-Saúde solicitamos que se trate na mesa sectorial que vai pasar coas vacantes logo da lei 20/2021 e que cumpren os 3 anos en xullo de 2025.
CIG-Saúde solicitamos que se aborde o Plan de ordenación de RRHH de atención primaria, e que se actualicen os datos.
NOVA ESPECIALIDADE DE MEDICINA DE URXENCIAS E EMERXENCIAS
O SERGAS informa de que teñen previsto abrir o 18 de setembro no FIDES a solicitude do certificado de servizos prestados da parte pública, que terán que facer expresamente as/os profesionais. Enviarán un SMS cando estea dispoñible a solicitude no FIDES.
Unha vez que os certificados estean asinados estarán visibles no FIDES para que os poidan presentar no Ministerio no prazo que lles corresponda.
Ademais do certificado, os profesionais teñen que estar rexistrados no REPS (Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios). Este rexistro ten que facelo o SERGAS. Aseguran que todos estarán rexistrados antes de outubro.