Inicio do prazo de elección de destino de OPE en varias categorías

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Hoxe publícase en DOG a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso de varias categorías e o inicio do prazo para a elección de destino.

Categorías:

Abrese un prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación ( do 6 ao 19 de xuño de 2023) para que os/as aspirantes seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver