Inicio do prazo de inscrición nas listas de selección temporal de médico/a de hospitalización a domicilio

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de persoal médico de hospitalización a domicilio no ámbito das institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia.

Iníciase o prazo de inscrición nas listas de selección temporal da categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio.

- Prazo de inscrición: do 9 de xullo ao 3 de setembro de 2021.

- Requisitos de titulación:

A inscrición realizarase a través do FIDES e deberá rexistrarse de forma telemática con certificado dixital, ou de forma presencial no rexistro.

O requisito do permiso de conducir clase B deberá rexitrarse no FIDES no apartado de "Outros méritos".

Os méritos computables neste proceso son os causados ata o 15 de xuño de 2021, que deberán acreditarse antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

A inscrición nas listas de selección temporal de persoal médico de hospitalización a domicilio é COMPATIBLE con calquera inscrición nas listas de selección temporal de licenciado/a sanitario/a.

As normas aplicables a estas listas son as recollidas no Pacto de selección temporal de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria do 2018.

Volver